Cuntis reforza a súa plantilla municipal con trece traballadores

REDACCIÓN

O Concello de Cuntis reforzará a súa plantilla de cara ao verán coa incorporación dun total de 13 profesionais en diferentes áreas que prestarán os seus servizos durante un periodo de 6 meses e cunha xornada de 8 horas diarias. Este reforzo financiarase con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra a través dunha subvención de 127.545,39 euros.

Os postos a ocupar son dous peóns de obras públicas e tres forestais; seis albaneis; un acompañante de camión ou peón do lixo e un auxiliar administrativo, que se seleccionarán a través da Oficina de Emprego da Estrada na que se terán que inscribir todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso.