“Xornada de Troco” no campus ourensán coa concienciación da sostibilidade

Un dos postos de troco, no campus ourensán.   | // I.O.

Un dos postos de troco, no campus ourensán. | // I.O. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O campus de Ourense acolleu a celebración dunha nova edición da “Xornada de Troco.Educando para a Sostibilidade”. Trátase dunha iniciativa organizada polo alumnado da materia de Educación de Persoas Adultas, do Grao de Educación Social da Facultade de Educación e Traballo Social. Os membros das comunidade universitaria e a cidadanía en xeral puideron achegarse a trocar nela, na entrada do Edificio de Ferro, obxectos, como roupa ou libros, e participar nas actividades complementarias que se desenvolveron.