OU ké! gaña o único premio ourensán na categoría canle no certame Youtubeiras

O proyecto de comunicación do ourensán Iván Iglesias faise cun premio, despois dun ano de vida | Os outros candidatos ourensáns, Prado Rúa e Noticias Dispersas,foron finalistas

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, celebrou onte no Teatro Principal de Santiago a gala de entrega dos seus premios. O acto, conducida por Nuria Vil e Gabri Fuentes, contou coa actuación do artista Mondra. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra, e a coordinadora de Youtubeiras, Carme Pereiro, interviñeron durante a gala en representación da organización. Ao longo da noite, Youtubeiras entregou os oito galardóns nos que se divide o certame, todos eles acompañados cunha dotación económica de mil euros, agás o premio do público, que conta con 500 euros.

O premio na categoría de Canle recoñeceu este ano a OU Ké!. O xurado escolleu a esta Canle pola “súa profesionalidade, a súa calidade técnica e o seu coidado na estética”, así como polo seu “impacto”, pola súa “integración entre os medios de comunicación” e “pola súa pluralidade de voces”. O proxecto informativo e comunicativo naceu fai escasamente un ano como una iniciativa de Iván Iglesias para facer un traballo de máster e foi crecendo a medida que pasaban os meses dunha formá rápida en canto a colaboradores e temáticas diferentes. Dende política, a deporte, a análise da actualidade e tamén un espazo para a xente moza. No proxecto forman parte, ademáis de Iván Iglesias, Iván Olmos, Víctor Barbosa, Conchi Pérez, Antía Vidal, Eric Dopazo e Cristina Marquina, entre outros.

Ademais do premio recollido onte na gala do certamente, tamén foron finalistas na categoría de Rede. Os outros candidatos ourensáns como eran Noticias Dispersas (na categoría do Público) e Prado Rúa (na de Calidade Lingüística e no de Vídeo) foron finalistas.

O premio Youtubeira foi para Recuncho Gamer pola súa “ampla actividade en todas as redes”; o Youtubeira Revelación foi para O Faiado Podcast por “xerar espazo para a cultura pop en galego”; o premio de Vídeo foi para “Unha fin de semana en londres”, da canle todomalva Gz; o de Calidade Lingüística recolleuno olaxonmario; o premio Pioneiro terminou co programa FicaCoaBola; e por último o premio Rede foi para YOutube en Galego por “ser unha canle feita para dar a coñecer e fortalecer as relacións entre persoas creadores”.

O último premio foi o do Público que foi parar ao perfil de Savia Nova polo “seu valor na calidade técnica, o impacto e a orixinalidade do tema tratado”.

Suscríbete para seguir leyendo