ENTREVISTA

Noa Presas: “Queremos unha tarifa galega de enerxía, para que Ourense se beneficie directamente”

A nacionalista recoñece que a Ourense “foille mal co bipartidismo” e ponlle xa deberes o novo goberno para que “cumpra cá provincia”

Noa Presas, naPraza Cervantes.   | // I. OSORIO

Noa Presas, naPraza Cervantes. | // I. OSORIO / A.G.Tesouro

Noa Presas (Ourense, 1987) ten a confianza de facer historia neste 23J pola “tendencia das eleccións autonómicas e municipais”.Destaca como eixos prioritarios, entre outros, a xuventude pola que propón destinar 1% dos orzamentos para favorecer a súa emancipación e necesidades e tamén negociar os criterios da PAC 23-27 para que “veñan para Ourense que sempre é discriminada”.Coñece ben os servicios ferroviarios e pide “un abaratamento e máis frecuencias”, ademáis de “intentar facer todo o posible para que Ourense teña unha estación digna”. PP e PSOE non lle dan opcións de sacar escano, pero ela advirte que “a xente agradece que se ourensanice a campaña”.

–As súas rivais máis directas (PP e PSOE) non lle dan ningunha opción por Ourense nestas eleccións. Como o ve vostede?

–Creo que quen ten que dar opcións é a cidadanía, nós o que temos claro que co resultado dos comicios galegos ou dos municipais teríamos escano asegurado. Sabemos que non é automáticamente traducíbel, pero é un indicador. Nas últimas municipais os dous partidos descenderon en apoios nesta provincia e en cambio o BNG aumentou en número de votos, en concelleiros e concelleiras e incluso en alcaldías. Hai un partido aberto. Nas enquisas, aínda que son iso enquisas, están dando opcións ao BNG en Ourense e Lugo.

"O voto útil é aquel que cumpre o que di, e o BNG fai o que di e di o que fai"

–Hai votos indecidos, uns din que sobre 2.000 por un escano que pode caer cara un lado ou outro. Que aposta fai para este domingo?

–Non é moi científico saber cantos votos hai indecisos ou canta participación, nós o que sabemos e que hai unha tendencia que é que máis xente mira cara o BNG e aquí en Galicia quedou claro que somos a alternativa ao PP. Estamos tratando que se ourensanice e se galeguice a campaña, e a xente agradéceo, porque a nosa lectura é que co bipartidismo clásico a Ourense foille mal. Polo tanto é o momento de darlle voz a Ourense e o BNG ten as mans libres para negociar por Ourense. Sabemos que non vai a haber maiorías absolutas e o BNG é a clave para que se cumpra con Ourense”.

–Todas falades de “voto útil”. Qué é o voto útil?

–Creo que neste contexto no que estamos, no que hai moita xente decepcionada coa política, o voto útil é aquel que cumpre o que di. Dende o BNG somos unha forza política coherente e facemos o que dicimos e dicimos o que facemos. É hora de marcar a diferenza.

–O BNG favoreceu o Goberno de Pedro Sánchez con Unidas Podemos. Que nota lle pon con respecto a Ourense?

–Quen confía en nós, sabe que nós sempre imos estar para frear a dereita e polo tanto imos favorecer sempre un goberno alternativo. É certo que este goberno incumpriu moitos aspectos que tiña comprometidos con Ourense dende a investidura, como por exemplo que se impulsase un xulgado de violencia machista na cidade de Ourense. Polo tanto, creo que neste novo tempo o goberno central deberá ser cumpridor con este país e por iso é necesario que o BNG teña máis forza.

–Tan só houbo ese incumprimento con Ourense?

–Non, houbo máis e en xeral co país. É unha decepción que tendo as pensións medias máis baixas do Estado non se incrementasen as pensións mínimas, unha cousa que dende o BNG se levou ao Congreso e se votou en contra.

–Sobre as pensións, o BNG leva como proposta elevalas ao 60% do saladio medio. É posible?

–Ese aspecto, non soamente é posible, senón que hai unha carta social europea que o Estado español asinou e que ten ese compromiso. Non estamos pedindo algo estratosférico, senón algo que o Goberno xa dixo que o ía facer. É unha medida que pretende erradicar a pobreza e cohesionar máis a sociedade.

–Será un deber que lle poña o BNG o posible goberno que se conforme?

–Efectivamente, para Ourense é clave correxir esa situación para os máis maiores. Temos un 62% da población que ten máis de 65 anos e son fundamentais tanto o tema das pensións como a dependencia para ter unha sociedade máis xusta.

"Ourense ten que liderar a resposta galega ao cambio climático"

–O BNG leva un décalogo de medidas por Ourense e nos dous primeiros puntos están a xestión dos ríos e os recursos enerxéticos da provincia. Que propostas levan neste senso?

–Ourense ten que liderar a resposta galega ao cambio climático e temos unhas condicións que nos fan especialmente vulnerables no medio ambiente, no sector agrogandeiro e na propia saúde das persoas, polo que hai que aproveitar e facer da necesidade unha virtude. Temos tamén un campus que nos permite investigar nesta materia e temos unha estratexia que é Ourense 2050 con medidas para todos eses ámbitos. E con respecto a enerxía e nun contexto no que se está a mudar esta cuestión, non podemos repetir os erros da gran hidráulica en Ourense. Non temos un beneficio directo. Todos os anos exportamos enerxía eléctrica a outros puntos do Estado, Ourense ten que ter unha tarifa galega para que teña un beneficio directo.

–É posible?

–Claro que é posible, de feito, en Euskadi ten unha tarifa diferenciada para a súa industria. Por qué? Porque había un grupo nacionalista, o PNV, que negociou co PP.

–En canto a incumprimentos do goberno, hai que falar tamén de infraestructuras.

–Insistimos que hai que acelerar o cumprimento con esas infraestructuras é algo moi importante tamén, temos unha siniestralidade viaria moi importante, polo que hai que facer unha reparación integral e urxente da A-52, da N-541, N-120. E logo temos dúas grandes tarefas pendentes: a conexión con Portugal e tamén todo o que ten que ver co ferrocarril. Non podemos dar o debate do cambio climático e modalidad sostible sen recuperar máis conexións coas vilas e coas principais cidades para ter un tren galego de proximidade como os que teñen en Asturias ou en Cataluña. E tamén noutra cuestión como son os prezos que nos parecen altos é necesario un abaratamento e por certo, hai que destacar que Ourense non foi discriminado pola gratuidade porque o conseguiu o BNG.

–Vaiamos por partes. Ve un 2024 con peaxe nas autoestradas?

–Está claro que o Estado español asinou un acordo coa Unión Europea a cambio dos fondos europeos. Entendemos que é unha medida demoledora para Galicia porque non temos o transporte público que teñen outros territorios. A xente de Ourense que vai a Cañiza, a Vigo ou a Santiago, entre outras, non vai por vicio en coche. Non temos que ser penalizados ahí e é unha cuestión que hai que negociar.

–Hai que negociala ou están en contra?

–Non, non estamos totalmente en desacordo, porque é unha discriminación. Non o podemos extrapolar a outros territorios que teñen un transporte de cercanías, metro ou un transporte público máis efectivo. Pero non se pode empobrecer máis a xente.

"Hai que abaratar os precios e aumentar os horarios da primera hora da mañá e de tarde"

–Falaba do tren. Que propoñen?

–Hai que ter unha visión de país e organizar un sistema de cercanías. O Parlamento impulsou unha lei para pedir a transferencia, pero o PP bloqueouno, a pesar de que se licitara un estudo. Entendemos que hai que retomar iso e por un sistema que nos poda conectar con Lugo, que é unha illa en Galicia, ou con outros territorios do país.Tamén hai que abaratar os precios e aumentar os horarios da primera hora da mañá e de tarde, non pode ser que de Santiago a Ourense o último tren sexa as 20.20 horas, é moi cedo.

–Fala dun sistema de cercanías ou dun servicio similar ao de cercanías?

–Un sistema homologable de forma que alguen que viva en Ourense poda comunicarse cás principais cidades galegas e aproveitar as liñas intermedias cas vilas.

Sobre votar en contra da reforma laboral: "Soamente tocaron un aspecto e o resto mantívose intacto, nos pedíamos a derogación"

–Durante a campaña faláron de reducir a xornada laboral a 35 horas e aumentar ata os 45 días a indemnización por despido. Foron os puntos polos que o BNG votou en contra da reforma laboral?

–A reforma laboral do PSOE, que xa deixou claro Feijóo que lle vale o PP, son nove puntos da reforma que deixou o PP. O PSOE e Unidas Podemos levaban no seu programa a derogación da reforma laboral e soamente tocaron un aspecto e o resto mantívose intacto. Nós non podemos avalar un marco laboral que o que fai é restar dereitos os traballadores, temos que recuperar os dereitos recortados primeiro polo PP e despois polo PSOE e avanzar tamén na reducción da xornada e ir un modelo flexible cara a conciliación.

–É a primeira vez que nomea a Feijóo na entrevista. Que nota lle pon as catro lexislaturas da Xunta?

–Vexo que agora no Estado a xente se sorprende de que o PP basea a súa campaña nas mentiras, pero en Ourense estamos acostumados as mentiras dende fai 14 anos e creo que agora que se fala de levar un ourensán a Moncloa, sabemos que un ourensán en San Caetano como presidente da Xunta non serviu a Ourense para avanzar e discriminouse a provincia. Polo tanto, vendo as políticas que aplicou na Xunta temos claro que non é positivo nin para Galicia nin para o resto do Estado.

–Dende o PP defenden que tratou e tratará ben a provincia.

–A folla de servicios está ahí e constatable. Ourense perdeu en tódolos indicadores, máis aínda co goberno popular de Feijóo na Xunta. Nós estamos traballando para disputar a Xunta de Galicia e ter así un escenario no que Galiza podería avanzar. Un goberno na Xunta digno de tal nome e un grupo forte no Congreso para negociar co Estado. Nestes 14 anos da Xunta, o PP nin conseguiu bos orzamentos para Galicia, ni que o Estado cumprira primeiro con Rajoy nin despois con Sánchez os grandes investimentos nin unha soa competencia.

–Fará historia polo BNG de Ourense Noa Presas?

–Confío en que faga historia Ourense e nos dé a oportunidade de representar a provincia. O final o que escollemos, non é un presidente malo ou un mal menor, senon quen nos representa en cada territorio. Hai outros que estiveron 23 anos quecendo a cadeira e non lograron nada.