Gratuidade na matrícula universitaria

Xaquín Penas Patiño

A Xunta do PPdG acaba de anunciar a gratuidade, no 1º curso, para todos os matriculados nas universidades galegas. Consideroa unha medida aceptable para aqueles alumnos que non teñan medios económicos pero inaceptable para moitos cuxos pais teñen medios suficientes para pagala. Non é de recibo dar “café para todos”. Neste último caso paréceme un despilfarro de cartos públicos que son moi necesarios para investir en sanidade, educación, etc.