Día das Letras Galegas

Moreira Pumar, Sandra Bastón e a Asociación de Jazz reciben hoxe os galardóns

A cerimonia de entrega terá lugar hoxe no Auditorio, nunha gala presentada por Sonia Salgado

A alcaldesa publica un bando que recorda o papel de Rosalía de Castro e a agasallada este ano Luisa Villalta

José Moreira Pumar, Sandra Bastón, Xan Campos (arriba) y Iago Fernández (abajo).

José Moreira Pumar, Sandra Bastón, Xan Campos (arriba) y Iago Fernández (abajo). / Gonzalo Núñez/Cedida/Eric van Nieuwland

Cangas celebra hoxe a súa tradicional Festa da Cultura, que terá lugar no Auditorio Municipal “Xosé Manuel Pazos Varela”e onde se entregan os premios Ignacio Cerviño á Recuperación e/o promoción do patrimonio, Xohán de Cangas á Creación Artística e/o Literaria, e Xohán de Cangas ó Labor Cultural. O primeiro dos galardóns recaeu no profesor e investigador José Moreira Pumar, o segundo foi para a artesán textil, a tecelá Sandra Bastón Cadabón, e o terceiro para a Asociación de Jazz de Cangas coma protagonista.

O acto de entrega de premios celébrase ás 20.00 horas e acostuma a acoller a persoaxes do mundo da cultura e da política nun día que coincide co Día das Letras Galegas, que este ano adícase a Luísa Villalta. O auditorio convértese por unhas horas nun punto de referencia da Cultura galega con maiúsculas. É, como a apunta o cartel, a Festa da Cultura de Cangas, que non encolle, que vai a máis neste municipio onde os mencionados galardóns son unha referencia do bo facer. Presenta a cerimonia Sonia Salgado, aínda que antes de que ela faga as presentacións será o grupo musico-vocal Mornura o que abra a Festa da Cultura. Será ela a que faga unha lembranza de Luisa Villalta, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas. Intervendrá no acto a concelleira de Cultura do Concello de Cangas, Aurora Prieto, que fará o discurso institucional. Sonia Salgado tamén fará o Homenaxe In Memoriam, adicado a todas aquelas persoas que traballaron pola cultura en Cangas e xa non están.

A cerimonia está salpicada de actuacións musicais, coa presencia do violonchelista Xosé Ramón Rocha, que interpretará unha peza de Anxo Gago, músico e compositor cangués, xa falecido e merecedor no seu día da distinción do premio Xohán de Cangas ó Labor Cultural. Tambén interverá a Escola de Danzas Maite Quiñones, Lembranzas da Ría e a Banda de Gaitas de Tromentelo, que pechará o acto, antes de que o faga a alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, co seu discurso oficial.

Pola súa banda, a alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, publicou onte o bando do Día das Letras Galegas, no que fai mención aos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e a Luísa Villalta: “Cen anos despois da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a Academia Galega conmemorou o 17 de maio como o Día das Letras Galegas. Após 61 anos, a homenaxeada deste ano é Luísa Villalta. Se daquela Rosalía con seus Cantares establecía unha profunda relación entres as cantigas populares e a reivindicación da capacidade do noso idioma, vai ser Luísa Villalta a que tome a remuda e, na lingua en que garulan os paxaros, nos faga ‘pensar no mundo’ na busca dunha sociedade más igualitaria e defender a lingua galega como alicerce da nosa identidade. O Concello de Cangas quere unirse a esta celebración das Letras Galegas, quere festexar a literatura galega como a mostra máis palpable de riqueza e das posibilidades expresivas da nosa lingua”.

“Neste día 17 de maio de 2024, o Concello de Cangas reitera o firme compromiso coa nosa cultura galega e coa nosa lingua, e é consciente de que nesta tarefa colectiva de dignificación do idioma radica o futuro do noso pobo. Celebremos o día das letras, o días das palabras galegas. Mil primaveras máis para as letras galegas!”, conclúe o bando.

José Moreira Pumar, na súa vivenda en Cangas cun libro sobre a historia da localidade.

José Moreira Pumar, na súa vivenda esta semana en Cangas cun libro sobre a historia da localidade. / Gonzalo Núñez

"Investigar é como ir a pescar"

José Moreira Pumar

— Premio Ignacio Cerviño á Recuperación do Patrimonio

O Premio Ignacio Cerviño recoñece este ano a laboura dun home que traballou de forma calada no ámbito da investigación histórica, que sin ser de Cangas, alumeou o seu pasado, descubriu historias que o tempo agochara nuns arquivos cheos de polventos documentos. José Moreira Pumar é de Marín. Chegou a Cangas no ano 1971, a dar clase no colexio de Nazaret, onde habería de coñecer ao seu amigo e compañeiro de tarefas históricas Manuel Rodal, quen xa faleceu e que tivo a honra de ser premiado co mesmo galardón co que hoxe se lle entrega a el. Moreira ten un recordo especial para Rodal. Ambos comezaron a acudir ao Arquivo Histórico de Pontevedra a examinaren con lupa documentos nos que se fala de Cangas. Como di Moreira, “era como ir a pescar. Ás veces atopabas algo e outras viñas sen nada”. Lembra que fixeron os seus “pinitos” nos libros das Cofradías de Semana Santa.

José Moreira Pumar síntese orgulloso da obra que elaborou xunto a Manuel Rodal e Carlos Marinelli, que se titula “Historia de Cangas” e, en particular, do que aí se conta da presenza de escravos en Cangas é no Morrazo. Comenta que por primeira vez saen publicadas as marcas que tiñan os escravos, que moitos deles acaban servindo a curas. Foi publicado aló polo ano 2007 e, como fala José Moreira Pumar, tivo cousas positivas e negativas. Di que as positivas foi que preguntaron por él xentes de Portugal, porque no libro falabase dos corsarios de século XVII, do que eles non tiñan moita información. Sinala como negativo que foi elaborado en castelán, pero que despois decidiudse publicalo en galego e ese traballo encargouse a unha máquina, de ahí os moitos erros que houbo, lamenta.

O profesor comenta que iba todolos sábados a investigar ao Archivo Histórico de Pontevedra, e con el iba Manuel Rodal. “Eramos asiduos, non faltabamos nin un día.” Alí atopou información sobre os escravos e tamén sobre as gavillas, que asi chamaban aos bandoleiros que actuaban na Galicia na época da Independencia. Sobre elo escribiu Moreira Pumar na edición do FARO DE VIGO, nunha serie que tivo gran éxito.

A seus 86 anos, a vida castigoulle con una pérdida de visión grave que lle fai imposible continuar coas suas pesquisas. Acumulou na súa casa copia de moitos documentos que atopara en torno a Cangas e o Morrazo no Arquivo Histórico de Pontevedra. Pero xa non pode remexer entre eles. E iso que comprou unha lupa que mercou por 1.200 euros co firme propósito de seguir investigando, pero non conseguiu o seu obxectivo. “A vida castigoume onde máis me doe. Cústame recoñecer a xente na rúa”, relata o profesor, que é un enamorado a investigación histórica, que comenzou nun pobo de Ávila, Rascosancho, onde impartiu clases, un pobo que lle llamaban “el pueblo de los franceses”. Alí fixo amistade co cura e comenzou a súa relación coa investigación histórica. Conta que aínda sabe a Reconquista de memoria.

Cando se lle pregunta como definiría estes tempos que vive Galicia, España, Europa o mundo, afirma que son tempos de mudanza. “Son tempos onde xa non encaixo. Aínda que estou moi ao día de todo o que acontece. O que me encantaría saber é onde estará a intelixencia artificial dentro de 50 anos”.

Fala de que hai catro anos que xa non vai ao arquivo a copiar nada, que ten moito acumulado e que el segue a colaborar con todos aqueles que se acercan a él a pedirlle información. Seus fillos están fóra e non comparten a afición do seu pai. Así que haberá que esperar a que alguén desentrañe toda esa documentación que o profesor Moreira Pumar atesoura.

Sandra Bastón nun dos seus teares no taller no barrio de castiñeira en O Hío.

Sandra Bastón nun dos seus teares no taller no barrio de Castiñeira en O Hío. / Gonzalo Núñez

"Estou orgullosa de recuperar un oficio esquecido; o liño ten meu carácter de bravura"

Sandra Bastón

— Premio Xohán de Cangas á Creación Artística

Vive rodeada de seis teares e de aparellos, de lanzadeiras, urdideiras, orgos, espadelas, canelas e varas de cruz na paz do barrio da Castiñeira, na parroquia do Hío, en donde Sandra Bastón, delineante industrial e formada en interiorismo, ten a súa casa e o seu taller textil en donde traballa a golpe de pedal. Hoxe, na Gala da Festa da Cultura de Cangas recollerá o premio Xohán de Cangas á Creación Artística ou Literaria como tecelán profesional. “É un recoñecemento a un traballo que levo realizado todos estes anos e do que estou orgullosa por recuperar un oficio esquecido case por completo nesta zona e dar a coñecer polos coles á rapazada o proceso do liño, poñendo en valor unha práctica milenaria”,sinala a galardoada que empezou no oficio facendo un curso de iniciación de artesanía textil en Ourense con Ana Champeney “Empecei para ofrecer como interiorista tecidos exclusivos feitos a man. Pero o gusto e o afán polo oficio fixo que fora deixando de lado a decoración de interiores e arriscara só pola artesanía e ata agora!”.

Diseño da mochila de Sandra Bastón que está na tenda do Thyssen inspirada no cadro "Autorretrato cerca del Oculus en el World Trade Center".

Diseño da mochila de Sandra Bastón que está na tenda do Thyssen inspirada no cadro "Autorretrato cerca del Oculus en el World Trade Center". / Fdv

Nestes tempos tan dixitais no que non se fala doutra cousa máis que o futuro está na intelixencia artificial, ela segue vivendo co pé no pedal, e como di, facendo melodías con eles e con os teares de donde saen telas, prendas e mantas, maioritariamente de lino, lana e tamén de algodóns ou sedas naturais, e tamén diseños que xa forman parte do prestixioso Museo Thyssen de Madrid. As súas mochilas e fulares artesanais pódense mercar na tenda deste museo nunha iniciativa xurdida no centro de Galicia,nos pendellos de Agolada. A canguesa foi a unha mostra de artesanía coa marca Pal.Lium, fundada a finais do 2022 con Carlos Díaz e Manuel Otero, dous dos principais investigadores de tecido tradicional galego na actualidad. Con esta marca crean produtos orixinais cun diseño innovador pero baseado no patrimonio textil de Galicia. Di que a feira de Agolada “é un referente pola que pasan profesionais e clientes, e entre eles estaba a directora da tenda do Thyssen. Gustoulle o noso traballo e invitounos a ir ao museo, elexir un cadro e partir del facer unha interpretación textil. Traballamos niso, presentámoslle as nosas propostas e aceptaron”. O cadro que interpretan é o óleo de Richard Estes,“Autorretrato cerca del Oculus en el World Trade Center”, da Coleción Thyssen.

O cadro "Autorretrato cerca del Oculos en el World Trade Center", da colecion do Museo Thyssen.

O cadro "Autorretrato cerca del Oculos en el World Trade Center", da colecion do Museo Thyssen. / Richard Estes

Sandra Bastón recoñece que o liño é o que máis lle gusta porque di que ten o seu carácter. “Son moi brava, como o liño”, recoñoce co amplo sorriso que, pola contra, a caracteriza.

Na súa horta ten sementado un pouco de liño para levar despois ós colexios, como o de O Hío, e ensinar todo o proceso artesán de elaboración do filo cos tallos. A tecelán pensa que o sector artesanal goza dun bo momento: “Soubemos adaptarnos”.

Xan Campos nunha actuación.

Xan Campos nunha actuación. / Fdv

"É un recoñecemento a todas as persoas que enchen o Eirado do Costal no Canjazz"

Xan Campos e Iago Fernández (Asociación Jazz Cangas)

— Premio Xohán de Cangas ó Labor Cultural

Os músicos profesionais de jazz, os cangueses Xan Campos e Iago Fernández levan as rendas da Asociación de Jazz de Cangas que organiza o recoñecido festival Canjazz da localidade e hoxe, o primeiro deles subirase ó escenario do Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela para recoller o Premio Xohán de Cangas ó Labor Cultural que concede o Concello a Asociación de Jazz polo traballo e esforzo para manter vivo, ano tras ano, este certamen musical, con 27 edicións, pero que leva 45 anos. “Foi unha sorpresa bonita porque pensamos que supón un recoñecemento ao festival, a toda a súa historia e a todas as persoas que fixeron posible que durante todos estes anos houbese en Cangas unha proposta cultural deste nivel”, señala Xan Campos que añade: “Sobre todo, pensamos que é un recoñecemento a todas as persoas que sempre enchen o Eirado do Costal e que son o verdadeiro motivo polo cal o Festival de Jazz se segue realizando despois de 27 edicións”.

O músico de jazz Iago Fernández.

O músico de jazz Iago Fernández. / José Luis Luna

A organización lembra que durante os primeiros anos da democracia surdiu en Cangas unha gran paixón pola música de jazz tendo o seu epicentro nos emblemáticos locais Club Yazz Vivo e o Irakere. Foi o punto de partida do Festival de Jazz cangas creado no 1979, e que se celebrou durante varios anos nas datas arredor das Festas do Cristo e que se desenvolveu por distintos espazos, alameda, praza do Costal e incluso a praza de touros que se instalou un ano nes festas patronais. Nesta primeira etapa pasaron por Cangas músicos internacionais como Jorge Prado, Carles Benavent, Max Sunyer ou Salvador Niebla. Tras unha paréntese de case dúas décadas, Luis carballo recupera no 2001 o festival pasando a denominarse Canjazz . Nesta segunda etapa pola que pasaron grandes músicos como Abe Rábade, Paco Charlín, Miguel Cenón e os propios Xan Campos e Iago Fernández que en 2014 darían o relevo a Luis Carballo e asumen a direción técnica e artística do festival creando a Asociación de Jazz de Cangas, como entidade organizadora: “Temos que recoñecer que ás veces é un traballo que se fai duro, pero o que nos dá forzas para seguir adiante é o respaldo e a implicación de todo o mundo: desde o apoio por parte do Concello, en especial da Concellería de Cultura, o técnico de Cultura, o persoal do Auditorio... e ás persoas e locais que colaboran con nós botando unha man no que faga falta”.

Suscríbete para seguir leyendo