Persoas Asperger e sociedade

Cipriano Luis Jiménez Casas

Cipriano Luis Jiménez Casas

Celebrase hoxe, día 18 de febreiro, o Día Internacional da Síndrome de Asperger, despois de mudar na Constitución, e ser aprobado polo Congreso dos Deputados a substitución do termo diminuídos polo de persoas con discapacidade, reforzando os dereitos deste colectivo.

Hans Asperger (1906-1980), psiquiatra e pediatra austríaco, sentiuse atraído pola “pedagoxía curadora”, unha estratexia terapéutica que integraba técnicas educativas na practica médica, a través dun equipo interdisciplinario de médicos, enfermeiras, educadoras e terapeutas, desde 1918. En 1944, publica o traballo “psicopatía autista” (simultaneamente o de “autismo infantil precoz” de Leo Kanner, 1943), no cal –comenta– que nenos de entre 6 e 11 anos que presentaban dificultades na interacción social, non estaban dispostos a dirixir a súa atención o traballo que a escola lles esixía. Chamoulles “pequenos profesores”, que ao longo da súa vida, algúns serian capaces de conseguir logros excepcionais e pensamentos orixinais.

Ata pasados 50 anos a síndrome de Asperger non sería recoñecida internacionalmente, e incorporouse o Manual da American Psychiatric Association, DSM-IV, en 1994, grazas a psiquiatra británica Lorna Wing (1928-2014), nai dunha nena autista, quen populariza a obra do médico vienés, desde 1981.

Actualmente a síndrome de Asperger forma parte dos Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), acorde cos criterios diagnósticos do DSM-V, 2013. Porén non tódolos clínicos, e mesmamente as persoas Asperger, están acordes cos criterio do DSM. As criticas xeraron un forte debate, que aínda continúa, con argumentos de todo tipo tanto a favor como en contra, sobre a nova clasificación dos TEA, no DSM-V. Estamos diante dun trastorno, ou dunha forma de ser que as súas condicións proporciónanlle o individuo vantaxes e desvantaxes?

“Nas persoas Asperger non hai atraso no desenvolvemento da linguaxe, que noutros TEA constituiría unha discapacidade social”

Tampouco existen, entre as asociacións de familiares ou de autoaxuda unha posición de consenso respecto a síndrome de Asperger. Nas persoas Asperger non hai atraso no desenvolvemento da linguaxe, que noutros TEA constituiría unha discapacidade social. Estas persoas mostran unha gran capacidade de observar e sinalar detalles que nos escapan á maioría das persoas neurotípicas, e, con frecuencia, posúen habilidades especiais en certas áreas do procesamento. Os adolescentes Asperger poden sentirse confundidos porque non son capaces de comprender en que se equivocan ou por que son rexeitados polos demais, o que lles provoca depresión, ansiedade ou condutas sociais inapropiadas, co conseguinte illamento social, acoso escolar ou marxinación.

Asperger, sempre dicía: “Precísase un pouquiño de autismo para o éxito, tanto na ciencia como na arte”. Para Michael Fitzgerald,“moitas das características desta síndrome favorecen a creatividade”; Christopher Gillberg e Oliver Sacks consideran que “persoas como Isaac Newton ou Albert Einstein, moi probablemente eran Asperger; Bill Gates recoñecese persoa Asperger, como tamén Steven Spielberg ou Sheldon Cooper. Leo Messi, con toda probabilidade tamén é unha persoa Asperger.

As persoas Asperger forman parte da neurodiversidade humana, e poden necesitar axudas psicoterapéuticas con resultados, altamente positivas e prometedoras. Precisase recoñecer, e reconducir o seu comportamento, que será de por vida, así como, en moitos casos aceptar o seu alto nivel de funcionamento intelectual, que poida provocarlles problemas de interacción social. É importante que as familias, xunto cos equipo terapéuticos poidan deseñar programas de axuda apropiados e efectivos, nunha poboación que acada o impresionante dato do case que 90% de desemprego.

*Director Xeral Fundación Menela

Suscríbete para seguir leyendo