Costa Rica de novo

O 5-05-2008, enviei un artigo a Faro de Vigo titulado “Costa Rica”, no que comentaba o compromiso e a débeda que aínda teño co Dr. Jorge Rodríguez Caldera, amigo e colega costarriqueño, xa falecido. Nunha visita da súa familia a Vigo en 2008, observaron ao pasear polas rúas da cidade, que non atopaban a de Costa Rica, mentres que si estaban ás dos outros países Latinoamericanos. Tampouco aparecía nos planos nin nas guías¡ Cando lle preguntaban aos vigueses, onde podería estar? Sorprendíanse, e pensaban que nalgún lugar estaría. Que estraño exclamaron: “Tódolos países Latinoamericanos tienen una calle dedicada, pero no encontramos la nuestra de Costa Rica!” A pescuda arredor desta cuestión, ratificoume a observación da familia do Dr. Rodríguez.

Pasados uns meses en correspondencia con el, envioume un libro de historia de Costa Rica, ca dedicatoria: “Te envío un libro de historia para ver si se hace realidad...que se ponga el nombre de Costa Rica a una calle de Vigo”.

Publicado este feito na prensa, no anteriormente nomeado artigo, tivo apoios dalgúns emigrantes costarriqueños, que viven en Vigo. Porén, non houbo outro tipo de respostas, incluso 8 anos despois, comentado o tema na A. C. Pertenza, decidimos enviarlle un dossier á embaixada de Costa Rica en Madrid, para notificarlle a nosa demanda.

Costa Rica, foi descuberta por Colón en 1502 na súa cuarta viaxe. A súa poboación nativa estaba formada por catro tribos: os indios caribes, os borucas, chibchas e os diguis. A poboación deste pais é de 5.044.195 habitantes (censo, 2022), cunha superficie de 51.179 Km2.

En 1821, independizouse de España, e despois de pasar por unha ditadura nos inicios do s. XX, e unha guerra civil en 1948, consolidouse nunha democracia ininterrompida, unha nación pacifica e politicamente estable, abolindo nese ano o exército. A República de Costa Rica, esta considerada entre os 20 mellores sistemas democráticos de todo o planeta, e acadou varios rubros de estudo superiores aos da maioría de países da Unión Europea.

Un 25% do seu territorio, está protexido pola selva tropical no que existen numerosas especies de aves quetzales esquivas e 4 especies de monos xuguetóns, tapires, tartarugas e xaguares. Con 400 especies de aves e 100 de mamíferos Costa Rica alberga o 5% da biodiversidade mundial. As súas praias de area branca e augas cristalinas, esténdense ao longo da costa caribeña e pacífica, con lagos, volcáns, pantanos, selvas tropicais e mangleiros, cuns parques nacionais como o Coscovado e o Monteverde impresionantes. Os buscadores da biodiversidade, e os eco turistas, teñen neste país o seu paraíso, cunha cultura entre a meso americana e suramericana.

Actualmente factores como as desgastadas infraestruturas de vías, transporte, déficit fiscal así como, as prácticas agrícolas nocivas, están a deteriorar o seu benestar e calidade de vida. Sen embargo, a súa economía diversificada e estabilidade política, cunhas institucións publicas transparentes e responsables, xunto coa marca verde, sitúano cun dos índices mais baixos de pobreza de América Latina e o Caribe.

Un elemento fundamental dos costarriqueños é o seu espírito alegre e desinteresado, o que eles denominan “pura vida”, unha vida simple e sen estrés, termo que utilizan como saúdo e pregunta. En 2017 a National Geographic nomeou a Costa Rica o pais maís feliz do mundo, todo ao longo dunha década acorde co New Economics Foundation.

Por que Costa Rica, non posúe unha rúa ou praza en Vigo? Abofé que o descoñezo. Estaríamos aínda a tempo de completar esa rede de rúas Iberoamericanas coa presenza da rúa Costa Rica?

*Médico Psiquiatra e Psicanalista. Membro da Asociación Cultural Pertenza

Suscríbete para seguir leyendo