O Ciclo Literario Miñorán reúne a 18 poetas nun recital

Dezaoito poetas participantes no obradoiro do Premio Victoriano Taibo ofrecerán hoxe en Gondomar, na pizzería La Vitrola, un recital a partires das 21.15 horas. A actividade enmárcase no Ciclo Literario Miñorán do Instituto de Estudos Miñoráns e estará amadriñada por Marta Dacosta e Elba Pedrosa. A continuación haberá unha sesión de micro aberto para quen desexe unirse á festa da poesía en galego.