Entrevista | Manuel González (Chicho) Membro de Boyanka Kostova

“A música galega fai hoxe moito ruído, pero a de antes ten a mesma arte e talento”

O grupo compostelán actúa hoxe na sala Mondo ás 21.00 horas

Chicho e Cibrán, integrantes do grupo Boyanka Kostova.

Chicho e Cibrán, integrantes do grupo Boyanka Kostova. / Álvaro Alvite

Os prioneiros do trap galego, do flow rural, da retranca feita música...Aínda que o seu nome parta dunha atleta búlgara, son a viva imaxe do modernismo local, das raíces galegas máis contemporáneas subidos aos escenarios máis representativos da contorna e tamén de fóra. Precisamente, sobre as táboas da sala Mondo actúan Chicho e Cibrán, máis coñecidos como Boyanka Kostova; inicialmente, actuación enmarcada no festival Terraceo, pero trasladada a unha das salas musicais con máis arraigamento da cidade. Neste concerto tocarán temas do seu novo álbum, o quinto nos seus sete anos de carreira, e tamén cancións para os seus máis fieis seguidores.

–Termina o verán e rematan os festivais; moitos son nos que participáchedes de ruta por Galicia. Sodes máis de actuacións en festivais ou en salas de concertos máis locais?.

–A verdade é que as dúas opcións teñen as súas cousas. Ao final o importante é a música, é indiferente onde teñamos que tocar, é o que nos importa. Poder tocar ao aire libre mola, claro, pero tamén co calor e ambiente dunha sala de concertos. As posibilidades que che dan os festivais son moitas, daste a coñecer a outra xente, a outro público e mesmo ti tamén coñeces outros grupo, mentres que nas salas é máis o premio de poder tocar cos que nos queren ver só a nós.

–Estades xa considerados como os precursores, os pioneiros do trap galegos; estades de acordo con este alcume?

–Eu creo que si. A nosa banda foi a primeira que está a tocar neste abano de sons, e se é a verdade, pois non podemos dicir que non.

–Como foi este cambio cara o rap? Empezáchedes máis enfocados ao rap e variáchedes de estilo cara un máis marcado na sociedade actual, foi idea ou decisión vosa o deste xiro xeral do público?

–Iso foi totalmente algo que decidimos nós. Ao final nós consideramos que o que temos que vender só funcionará se estamos contentos co que facemos. Así que como nos apetecía tamén poder homenaxear o estilo do que vimos, que é o rap, e tamén sempre o escoitamos moitísimo, pois decidimos decantarnos polo trap. Haberá a xente que lle guste máis e xente á que lle guste menos, para nos é importante estar conformes co noso.

–Seguindo esta liña, a xente, os vosos seguidores, recibiron ben este cambio?

–Eu creo que ao final, se che gusta un grupo gústache en moitos rexitros. Nós ao final fixemos este disco co cariño e a dedicación que fixemos os outros e penso que foi ben recibido.

–Falando desde novo álbum, tedes algunha colaboración, quen vos quedou fóra? Que artista vos gustaría poder contar con el ou ela para unha colaboración?

–Tampouco te creas que somos moito de colaboracións; ao final nós poucas colaboracións temos, as que temos son sempre coa mesma xente. Nós estamos máis cómodos neste rexistro, facendo poucas colaboracións. Ademais, como agora o mundo da música manda unha colaboración todo o tempo, para nós colaborar non é unha prioridade nin o facemos como estratexia de marketing, se colaboramos é porque nos gusta facelo.

–Que se encontrará o público neste concerto de mañá –por hoxe– en Vigo? Interpretaredes otema que lle dedicáchedes a Abel Caballero?

–Home! A canción de Abel Caballero é o contido máis de Vigo de todos os que temos; si a cantaremos. E despois o que levamos é un pouco os nosos mellores momentos dos cinco discos que sacamos e faremos tamén un concerto de hora e pouco, tocando o maior número de cancións posibles.

–Como valorades a música galega actual? Referido o auxe de grupos como o voso, Tanxugueiras, Fillas de Casandra...

–A puta hostia! A peña non se cre sempre o bo que é. Pero isto non é novo. Nós somos os primeiros que temos que sacar adiante a nosa música, para min Galicia sempre foi a miña comunidade artística favorita, hoxe hai grupos que si fan moito ruído pero isto leva sendo así 20 anos. A de antes ten a mesma arte e talento, ou incluso máis.

Suscríbete para seguir leyendo