Colexio Eduardo Pondal: Nenas e nenos medrando felices

Durante o curso 2022-23, o centro festexou o seu 40º aniversario

O esforzo, a constancia e a resiliencia xa forman parte do ADN do centro

Colexio Eduardo Pondal, comprometidos coa educación emocional do alumnado.

Colexio Eduardo Pondal, comprometidos coa educación emocional do alumnado. / Cedida

Situada nunha contorna natural privilexiada, o colexio Eduardo Pondal ofrece ao seu alumnado a oportunidade de crecer e desenvolver as súas capacidades nun ambiente afectuoso, acolledor e seguro, á vez que estimulante.

Este centro do Morrazo parte dunha cooperativa de profesores que nace no ano 1980 e que actualmente imparte ensinanzas de Educación Infantil (0 a 6 anos), Educación Primaria e ESO, en réxime de concerto coa Consellería de Educación, e conta ademais con dúas aulas de educación especial.

Un entorno seguro para todas as idades.

Un entorno seguro para todas as idades. / Cedida

"Estamos creando unha comunidade de aprendizaxe onde o respecto, a tolerancia, a inclusión e a cooperación sexan os principios básicos; no que alumnado, profesorado e todo o persoal compartan un espazo que permita a aprendizaxe, a comprensión, a creación e o pensamento crítico" explican dende a dirección.

Con esa idea na mente e no corazón, son pioneiros en diferentes metodoloxías e programas educativos, que buscan potenciar os seguintes campos:

  • Traballo colaborativo, con grupos homoxéneos e heteroxéneos, a través do desenvolvemento de estruturas de traballo cooperativo, establecendo plans de equipo.
  • Potenciación do traballo individual e a reflexión do alumno sobre a súa propia aprendizaxe a través da autoavaliación e o porfolio.
  • Desenvolvemento de rutinas e destrezas de pensamento de modo sistemático. “Aprender a pensar” na aula.
  • Traballo por proxectos, partindo dos intereses dos alumnos, deseñando tarefas que conectan ao alumno coa realidade; facilitando a transferencia de coñecementos entre áreas e cursos e a compactación curricular.
  • Utilización das TIC’s como unha ferramenta fundamental para as explicacións, a búsqueda de información e a presentación do traballo dos alumnos.
  • Promover a exposición dos traballos realizados polos alumnos nos diferentes espazos do Colexio para que no seu conxunto constitúa unha aula de aprendizaxe.
  • Tratamento integrado das linguas favorecendo coñecementos e experiencias no alumnado que contribúan ao desenvolvemento da súa competencia comunicativa plurilingüe, flexibilizando horarios para permitir agrupamentos de alumnos e profesores 
Durante o curso escolar 2022-23 o Colexio Eduardo Pondal cumpriu 40 anos

Durante o curso escolar 2022-23 o Colexio Eduardo Pondal cumpriu 40 anos / Cedida

40 anos de educación de calidad

Xa co curso 2023-24 entre as mans, non podemos evitar facer un repaso do ano pasado, xa que durante o curso escolar 2022-23 o Colexio Eduardo Pondal cumpriu 40 anos (tras o seu nacemento en 1982). Para celebralo, o alumnado de 3º e 4º de Primaria levou a cabo un proxecto sobre a educación na comarca do Morrazo, facendo especial fincapé no seu propio centro. "Para iso, investigamos quen foron os fundadores e convidamos a algúns deles para que nos contaran cómo foron os inicios desta gran aventura" explican.

Así, os estudantes foron aprendendo anécdotas e datos curiosos sobre as orixes do Eduardo Pondal. Por exemplo que, antes de construír o colexio, un grupo de mestres relacionado coa "Academia de Lino", en Cangas, empezou a darlle forma á idea de crear unha cooperativa. E a partir de aí, ao colexio. "Tamén nos contaron que tiveron que reinventarse unha e outra vez para adaptarse aos novos tempos e seguir cara adiante. O esforzo, a constancia e a resiliencia xa forman parte do ADN do centro."

Unha comunidade de aprendizaxe onde o respecto, a tolerancia, a integración e a cooperación son os principios básicos

310Dentro das diferentes aprendizaxes que fomentan dende o Colexio Eduardo Pondal atopamos os SEM.

310Dentro das diferentes aprendizaxes que fomentan dende o Colexio Eduardo Pondal atopamos os SEM. / Cedida

Ademais de entrevistar a fundadores e traballadores do colexio, pediron axuda a antigos alumnos e alumnas, para que lles contasen a súa experiencia no colexio Eduardo Pondal. "Así é como descubrimos que os patios se foron remodelando, o formato das notas foise modernizando e sobre todo, que a maneira de dar clase tamén foi cambiando para facer ao alumnado máis partícipe da súa aprendizaxe".

Dende oratoria ata ioga: SEM

Dentro das diferentes aprendizaxes que fomentan dende o Colexio Eduardo Pondal atopamos o SEM (Schoolwide Enrichment Model), Módulos de Enriquecemento Escolar que buscan o desenvolvemento de produtos ou servizos dirixidos a solucionar problemas do mundo real.

Desta forma promóvese o desenvolvemento do pensamento crítico, a estimulación da capacidade metacognitiva e a aprendizaxe de habilidades. Lévanse a cabo no horario lectivo e e están abertos a diferentes idades, de participación libre e baseados nos intereses de cada alumno ou alumna.

Queren que o seu colexio sexa un segundo fogar.

Queren que o seu colexio sexa un segundo fogar. / Cedida

En infantil contamos con módulos de Cociña/Horta, Biblio/Lingua de Signos e Steam, experimentos e robótica, polos que pasará de xeito trimestral todo o alumnado, así coma actividades de expresión corporal e musical, taekwondo ou xogos populares.

En Primaria e ESO a oferta amplíase contando con máis de 20 actividades diferentes nas que o alumnado pode elixir segundo os seus intereses dende actividades steam (Robótica, Laboratorio de científicos, Desenvolve a túa mente, Artellando, Horta...) ata as de expresión artística (coro, teatro, reciclaxe, baile...) pasando por oratoria, radio, tecidos, cociña...

Falamos de xogos, de comunicación, de natureza... sen esquecer que o primeiro referente nesta etapa son as familias. Queren que o sea colexio sexa un segundo fogar, pero iso sería imposible sen a súa presenza... E do mesmo xeito que os irmás maiores enriquecen a vida dos e das pequenas, o seus pequenos conviven co alumnado de etapas superiores, que o acompaña, o coida e axuda.