Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido

A cita gastronómica xa presentara o cartel no mes de febreiro, que desta volta fora elaborado polo artista Paco Pestana » Pepe Solla será o pregoeiro desta peculiar edición » A Banda de Gaitas e Bailes de Coribantes e Susana Seivane actuarán na xornada dominical

Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido

Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido / Cedida

M.G.

Lalín non deixará de celebrar a súa festa máis recoñecida internacionalmente, a Feira do Cocido. Despois de duas cancelacións, en marzo e maio, a Festa de Interese Turístico Internacional terá unha edición simbólica.

O goberno local puxo en marcha unha completa programación durante todo o mes de setembro, e que terá o seu broche de ouro na xornada de mañá, coa celebración da LIII Feira do Cocido. Ao longo deste tempo foron ducias de actuacións e espectáculos culturais os que encheron de vida as rúas da cabeceira comarcal dezá, sen deixar de lado todas as medidassanitarias para garantir a seguridade de veciños, veciñas e visitantes.

Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido

Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido / Cedida

A edición do 2021 da cita gastronómica non deixará de celebrarse, aínda que cunha edición reducida e simbólica que suprime actos tan significativos coma o desfile ou a encomenda, e tamén os tradicionais postos de venda de produtos e artesanías. A situación sanitaria obriga a continuar na loita fronte á COVID19 e non é momento de baixar a garda. Xa se presentara o cartel deste ano, obra do artista Paco Pestana, e tamén se celebrou a entrega dos premios de xornalismo Álvaro Cunqueiro, e finalmente decidíuse facer unha serie de actos culturais para non deixar pasar un ano en branco, e manter o espíritu festivo do Cocido para os veciños e veciñas, e tamén ao sector da hostalería, todo cumprindo as normas sanitarias vixentes.

Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido

Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido / Cedida

Pregón

O prestixioso chef de Poio, Pepe Solla, será o pregoeiro da LIII Feira do Cocido de Lalín. O cociñeiro responsable de Casa Solla, distinguido cunha Estrela Michelín e tres Soles Repsol, participa na actualidade como presentador do programa “Pescados y Mariscos” de Canal Cocina, ademáis de dirixir e colaborar noutros programas gastronómicos. Xunto a Paco Roncero e Marcos Morán dirixe o proxecto Sinergias que xestiona espazos como La Batea, Castizo, Entrecortes e De Cuchara, entre outros. Este domingo, ás 11.30 horas, na carpa do Campo da Feira Vello, dará lectura ao pregón desta LIII Feira do Cocido de Lalín. Nunha entrevista concedida a FARO, Solla aseguraba que “despois de tantos pregóns, este en concreto será moi especial porque meu pai era unha persoa que sempre estaba no Cocido”. Precisamente o pai de Pepe Solla, José González Solla -falecido o ano pasado-, será recordado despois do pregón cunha “sentida e sinxela” homenaxe. Dende o Concello de Lalín recordan que “un dos restauradores que máis apoiou dende o comezo os Premios de Gastronomía de Galicia, a Encomenda do Cocido e o crecimiento de la Feira do Cocido de Lalín, posto que ata a edición de 2019 foi unha figura habitual nos actos do evento lalinense”. No acto de homenaxe estará presente a viuda, que recollerá os presentes entregados por representantes municipais.

Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido

Lalín celebra unha simbólica LIII_Feira do Cocido / Cedida

Promoción en Miami

A Feira do Cocido de Lalín foi declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Internacional. No próximo mes de marzo de 2022 fará honoro a ese recoñecemento nun importante evento na cidade de Miami, organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Estados Unidos. A serie de eventos culturais e gastronómicos foron presentados en Lalín por José Manuel Brandariz, presidente de AEGUSA, xunto con Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral de Emigración), acompañados polo alcalde Xosé Crespo e a concelleira de turismo Begoña Blanco.

Aínda que os principais detalles do programa de actos están aínda por definir, concretouse que se vai a colocar un cruceiro galego nunha das rúas de Miami, así coma a ubicación dun monolito simbolizando a conexión xacobea entre Norteamérica e Santiago de Compostela. Dentro deses actos vaise organizar unha comida co Cocido de Lalín como estrela para autoridades de Miami, de Galicia e o máis importante, para os galegos alí residentes , que poderán degustar o noso prato rei elaborado por cociñeiros lalinenses que viaxarán na expedición; un ágape que se calcula xuntará arredor duns 300 ou 400 comensais. Brandariz tamén confirmou a actuación do artista galego Carlos Núñez dentro destes actos de simbólica importancia para a cultura, a economía e o turismo de Lalín e Galicia.

O alcalde de Lalín non quixo perder a oportunidade de prantexar a posibilidade, en colaboración coa AED, de trasladar á Florida a un grupo de empresarios locais coa intención de crear sinerxias comerciais entre as dúas beiras do Atlántico. Como explicaron os intervintes no seu momento, o evento será financiado pola propia AEGUSA e outras institucións galegas, contribuíndo así a estender a fama da internacionalmente recoñecida Feira do Cocido de Lalín.

http://feiradococido.lalin.gal/