O mar bañará Codeseda esta fin de semana

Namoreiras celebra unha feira artesanal e actividades culturais coa defensa do patrimonio e a cultura mariñeira como eixo central

Asistentes a unha das feiras celebradas en Torreboredo.   | // BERNABÉ/ JAVIER LALÍN

Asistentes a unha das feiras celebradas en Torreboredo. | // BERNABÉ/ JAVIER LALÍN / Nerea couceiro

Esta fin de semana, Codeseda vai ter mar. Concretamente, a costa galega chegará ao obrador das Namoreiras de Torreboredo coa celebración da Feira Mar en Terra, unha cita de dous días que contará con numerosas actividades para todos os públicos e que ten como eixo centrala a difusión, a defensa e a posta en valor do patrimonio e a cultura costeira de Galicia.

María Rivas, que xunto a Uxío Alho organiza anualmente estas feiras dende hai tres anos, cada unha cunha temática diferente, meses traballando arreo para ofertar aos estradenses e a calquera interesado un amplo programa de eventos culturais e artesanais, así como unha feira onde poderán mercarse produtos da zona costeira. “Levamos todo o ano traballando, é unha tarefa que non se volve máis doada co tempo, pero por fortuna contamos coa axuda de moita xente, especialmente do editor membro de Cuturmar Antón Mascato”.

Por outra banda, pese a levar xa tres edicións destas feitas, Rivas sostén que debido ás datas cambiantes nas que se celebrou ata agora, a iniciativa non conseguiu aínda asentarse no calendario de feiras galego: “Sempre intentamos cadralo cando non tempos outras cousas, pero ao final démenos conta de que así a xente non se ía quedar coa idea, por iso a partires de agora celebrarase sempre a primeira fin de semana de maio”. Terán que estrear a nova data co paraugas na man, xa que as previsións para sábado e domingo non presaxian xornadas asolladas. Afortunadamente, en Namoreiras contarán con tres carpas para protexer aos asistentes da chuvia.

En canto ao programa, este botará a andar o sábado pola mañá ás 11.30 horas coa inauguración da exposición “O mar na obra gráfica de Xosé Conde Corbal”. Ás 12.00 haberá a presentación da Revista Nova Ardentía, de cultura marítima e fluvial, con Manuel Lara, Rosa Otero e Emilio Ínsua. Este último protagonizará media hora máis tarde a “Homenaxe a Luis Rei. Farol perpetuo na néboa”, e para pechar a mañá, ás 13.30 celebrarase a presentación de Patasdepeixe, a editora anficia, cun contacontos a cargo de Laura Parrula, autora do libro “Monstr3s”. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, proxectarase o documental “O Novo Emden” e un hora máis tarde, ás 17.30, terán lugar as “Conversas no eitón” con intervencións dos irmáns Manuel e Miguel Eduardo Parada, Uxío Allo, Anxo Angueira e Xosé Iglesias, o poeta do mar. O peche á xornada poñerano as actuacións musicais de Grupo de Tazas ás 20.00, de Grupo Recanto de Ouzande ás 21.30, e de Manolo Baclhau ás 22.00 horas.

O domingo comezará cunha presentación sobre a cultura e o patrimonio da vila mariñeira de Rianxo a cargo do presidente de Apatrigal, Carlos Henrique Fernández Coto, e a antropóloga Josefa Martínez. Seguiranos o Grupo de Gaiteiros de Barbude cunha actuación musical ás 13.00 horas. Tamén tocará Os Rebolos de Terreboredo e as Lilainas de Nigoi. Finlmente, ás 17.00 horas haberá un taller para toda a familia no que se realizará unha estampación dunha libreta con sellos da man de Sandra de Amorote. Por último, para xantar haberá polbería e opcións vexetarianas na Reboleta Namoreira.