O escritor Manel Loureiro visita aos nenos do colexio de Tenorio

O escritor Manel Loureiro visita aos nenos do colexio de Tenorio | FDV

O escritor Manel Loureiro visita aos nenos do colexio de Tenorio | FDV

O escritor galego Manel Loureiro protagonizou esta onte un encontro co alumnado do CEIP de Tenorio nun evento organizado polo Concello de Cerdedo-Cotobade para conmemorar o Día do Libro. O acto contou coa presenza do alcalde, Jorge Cubela, quen felicitou ao ponente pola súa obra e agradeceu que gran parte dos relatos que o fixeron famoso teñan como referencia lugares e feitos ambientados na nosa comarca e que foron traducidos a máis de 20 idiomas.A charla resultou moi amena e participativa, os cativos non deixaban de interpelar e interesarse de xeito curioso por elementos das súas obras, especialmente en “La Puerta” inspirado na Porta do Alén.