O Camiño Nós cita a 45 sendeiristas na etapa entre Ourense e Amoeiro

O Camiño Nós cita a 45 sendeiristas na etapa entre Ourense e Amoeiro | ROTEIROS DE LALÍN

O Camiño Nós cita a 45 sendeiristas na etapa entre Ourense e Amoeiro | ROTEIROS DE LALÍN

Organizado conxuntamente por Roteiros de Lalín e Roteiros de O Carballiño, onte, domingo 28 de abril, tivo lugar a primeira etapa do Camiño a Santiago da Xeración Nós entre Ourense e Amoeiro. Corenta e cinco sendeiristas participaron na actividade, completando unha distancia de quince quilómetros. A ruta sae de Ourense pola ribeira do Miño e logo continúa coa subida dura da Costiña de Canedo. En Beiro visitaron o castro e a abadía de estilo románico. A andaina seguiu polo Camiño Real ata Amoeiro, onde foron recibidos polas autoridades municipais. Logo tiveron un xantar de confraternidade e visitamos o Pazo de Trasalba, sede da Fundación Otero Pedrayo. Este Camiño seguirá por Maside, O Carballiño, O Irixo, Vilatuxe, Silleda e Ponte Ulla para rematar en Santiago, recreando a peregrinaxe que en 1926 fixeron os membros da Xeración Nós e que foi precursora das xeiras que realizou o Seminario de Estudos Galegos.