Forcarei presenta o Festival da Música Tradicional da Banda de Gaitas do Concello

Imaxe da presentación deste evento.

Imaxe da presentación deste evento. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A Banda de Gaitas do Concello de Forcarei ten todo preparado para a celebración da novena edición do seu Festival da Música Tradicional, unha cita moi especial que este ano estará dedicada ao cen aniversario da proclamación de Avelino Cachafeiro como o mellor gaiteiro de Galicia.

O certame terá lugar o sábado 4 de maio, ás 19.00 horas, no auditorio de Soutelo de Montes e onte presentouse o cartel oficial. Foi nun acto no que participaron o presidente e o director da banda, Enrique Rey e José Antonio Vidueiros respectivamente, a alcaldesa Verónica Pichel e a tenente de alcaldesa Beatriz Rodríguez.

O programa inclúe as actuacións da Banda de Gaitas do Concello de Forcarei, que actualmente compoñen case medio cento de músicos, o grupo de pandeiretas ‘Lus de Keikoa’, o grupo d gaitas ‘Os Alegres’ de Pontevedra, que xa tocaron na inauguración da praza e da estatua que leva o nove dos gaiteiros de Soutelo de Montes. Tamén tocarán dous gaiteiros solistas. Nadia Vázquez (A Guarda, 1996), gaiteira cun futuro moi prometedor, e Dani Bellón, o gaiteiro que máis veces gañou o concurso de solistas da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes. Actuará co dúo “BellónMaceiras”.

O presentador do evento será o músico e investigador forcaricense Rubén Troitiño, que está a facer un magnífico traballo pola recuperación das músicas tradicionais da Terra de Montes.