Gondomar pecha o ciclo de teatro familiar coa peza de monicreques “Xan Perillán e a maleta máxica”

O Ciclo de Teatro Infantil e Familiar de Primavera do Concello de Gondomar remata hoxe coa representación da obra “Xan Perillán e a maleta máxica”, a cargo da compañía Os Monicreques de Kukas. A función terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío ás 19.00 con entrada a 2,50 euros. Os rapaces poderán desfrutar dun espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima coa maxia e os monicreques e que conta as peripecias do protagonista e do seu loro Ravachol mentres fan a maleta para viaxar a Pernambuco.