O muíño de Porto do Molle volve xirar

Reconstruído cun circuíto pechado de auga, o inmoble do século XVIII usarase con fins educativos

Inaugúrase este sábado cunha festa popular

O histórico muíño restaurado con modernas naves ao redor.

O histórico muíño restaurado con modernas naves ao redor. / José Lores

Tres séculos antes de desenvolverse o parque empresarial terciario xa había unha firma a pleno rendemento en Porto do Molle. E coa tecnoloxía punta da época. Alí funcionaba o muíño máis grande da contorna, o único con tres moas. Un centro de actividade económica desde a súa construcción no século XVIII, pero tamén un punto de encontro veciñal ao que se achegaban centos de miñoráns cada día ata que deixou de moer hai pouco máis de catro décadas. Agora volverá a xirar, só cunha moa, pero con fins educativos e culturais.

O Concello reconstruiuno por 250.000 euros e inaugúrase este sábado, día 20, cunha festa popular a partires das 11.30 horas. Haberá pan de millo, chourizos e proxectarase un documental arredor da restauración. A música tradicional poñerana as pandereteiras do Sobreiro, que estrearán unha peza composta para a ocasión.

asdadsada adasd aad sadsaas dsasa sadsaa sd asdno.

asdadsada adasd aad sadsaas dsasa sadsaa sd asdno.

“O muíño de Porto do Molle/aquí no Barsío/está sempre a moer”. O arranque da peza lembra a actividade intensiva do negocio, como a recorda tamén o fillo do penúltimo muiñeiro, Ángel Fernández Misa. “Moía día e noite. Vintecatro ferrados de millo cada vintecatro horas”, relata este veciño que axudou co seu testemuño na reconstrucción do inmoble, declarado ben de interese cultural (BIC), para o vídeo. El viviu alí desde os 6 ata os 20 anos, do 1949 ata o 1964, e seus pais pagaban unha renda de 80 ferrados de millo ao ano aos propietarios, que logo lla “baixaron a 60”, rememora.

Marina e Alfonso, netos do dono, Manuel Valverde Fernández, tamén serviron de fonte de información e aportaron documentos como as escrituras de compra-venda do inmoble, firmada no ano 1936. “Mercouse por 5.000 pesetas coas fincas incluidas”, subliñan.

O histórico muíño restaurado, 
cunha moderna nave detrás.

O histórico muíño restaurado, cunha moderna nave detrás.

O último muiñeiro foi o pai de Lidia e José Manuel Guisande, que medraron no muíño de 1964 ata 1982, cando a pedra deixou de rodar. A familia pagaba 70 ferrados ao ano de alugueiro e, ademais de moer, cultivaban as parcelas do entorno e criaban gando. Traballaron desde nenos. “Con doce anos levantábame para ir coa vaca... Chegabas da escola e non ías xogar, ías ao campo”, conta José Manuel. A pesares de todo, garda bos recordos daquela época. “Por aquí pasaba xente a todas horas e paraban a falar coa miña avoa Peregrina, que sentaba na porta”, di cun sorriso.

O muíño de Porto do Molle volve xirar

O muíño de Porto do Molle volve xirar

A reconstrución do muíño trasládaos a todos eles aos felices anos da infancia e ven con moi bos ollos que os rapaces de agora podan facerse unha idea de como funcionaba aquel mecanismo cando veñan de visita co colexio. Para amosárllelo tal como era, o restaurador David Blanco, especializado en muíños, entrevistounos e documentouse no entorno para construir a moa nova. Fíxoa a partires de rodas de pedra recicladas e usou madeira de castiñeiro para a caixa e de carballo para os eixos. O río Muíños impulsaba a pedra orixinariamente, pero foi desviado ao desenvolverse o parque empresarial, así que houbo que construir un circuito pechado de auga cun estanque para que se mova o sistema de rotación.

Fillos do derradeiro muiñeiro e netos do propietario asesoraron o restaurador.

Fillos do derradeiro muiñeiro e netos do propietario asesoraron o restaurador. / /

O inmoble tamén tivo que ser reconstruido tras un estudo histórico. Só quedaban en pé as paredes cando se iniciou o proxecto, que incluiu unha cuberta de castiñeiro con cerchas tradicionais e tella.

O edificio, de 25 por 6,5 metros, conta con dúas ás. A parte do muíño consérvase como estaba cunha única moa no centro para as exhibicións. Da outra banda, o que era a vivenda dos muiñeiros, convertiuse nunha sala cultural pensada para organizar charlas, exposicións ou obradoiros.

Suscríbete para seguir leyendo