Mocidade

Noctámbulas despídese

Pickbal, badminton, cea e astronomía hoxe no programa de lecer saudable

Participantes na actividade de graffiti, dentro do programa Noctámbulas, en Soutomaior   | // FDV

Participantes na actividade de graffiti, dentro do programa Noctámbulas, en Soutomaior | // FDV / l. c.

l. c.

A iniciativa xuvenil “Noctámbulas” posta en marcha polo Concello de Soutomaior chega hoxe ao seu fin logo dunha decena de fins de semana de lecer e tempo libre saudables. A mocidade participante puido desfrutar de actividades diversas os sábados, sempre a partir das 20.00 horas e ata media noite, no multiusos de Arcade.

Practicando brakedance.   | // FDV

Practicando brakedance. | // FDV / l. c.

Serigrafía, defensa persoal, autorretrato, escape room, iniciación musical, escritura creativa, papiroflexia, zumba, danzas urbanas, un roteiro nocturno, graffiti, breakdance, rap foron as principais actividades que se combinaban sempre cunha sesión de tenis de mesa e xogos de mesa. Incluso se organizou unha xornada especial manga con concursos de debuxo, cosplay e karaoke, pano manga, xogos en liña e photocall.

Este sábado, 20 de maio, celébrase a última das xornadas con pickball e badminton de 20.00a 22.00 horas, a continuación farase unha cea picnic, de 23.00 a 01.00 horas terá lugar a “astronoite” con observación de estrelas e constelacións e xa de seguido será a despedida.