Cultura

Espectáculo de monicreques este mediodía no Rosal

Será na Praza do Calvario

l. c.

Continúa a programación cultural “Primavera na Praza” posta en marcha polo Concello do Rosal. Hoxe sábado volven as actividades para público infantil co espectáculo de monicreques “Toribio de Mañón”, de Viravolta Títeres, que achegará a historia do famoso bandoleiro galego a partir das 12.00 horas na Praza do Calvario.

En xuño proseguirá a axenda cultural o sábado día 10 cunha sesión vermú amenizada polo grupo musical Tonichi&Pacheco. E rematará o mes coa conmemoración do Día do Orgullo, o mércores 28, nunha xornada na que haberá dende as 19.30 horas ‘Skeirrum’ polo centro do Calvario e a actuación musical de Terapia de Grupo.

615 libros e 270 flores

Literatura e lecer déronse cita na Feira do Libro do Rosal, celebrada este 2023 despois de tres anos de parón por mor da pandemia, con gran éxito de participación e vendas. En total vendéronse 615 libros de diferentes xéneros e temáticas e 270 flores entre unidades soltas e pequenos ramos.