Unha actividade para todos os públicos e condicións físicas que ten como principais obxectivos o deporte, a saúde e o benestar emocional. Así se presenta o proxecto “Fútbol a pé” no campo de Coto Torrón, sede e centro neurálxico desta nova modalidade na zona. Trátase dunha actividade a desenvolver en dúas ou tres sesións semanais que consta de 10 minutos iniciais de quecemento, seguidos dos 45 minutos de partido de fútbol (20 + 20 + 5 minutos de descanso) e 5 minutos finais de estiramento.