A felicidade amosa o seu formato acústico no espazo "Uxiadas"

A cantante Uxía Senlle abre o xardín da súa casa na Illa de Arousa para concertos en versión íntima

Uxía Senlle cantando con arxentinos Faryna e Foretic.  | // NOÉ PARGA

Uxía Senlle cantando con arxentinos Faryna e Foretic. | // NOÉ PARGA / Diego Doval

A Illa conta cun novo espazo en favor da cultura, da música e da expresividade artística. Trátase do xardín da casa de Uxía Senlle, lugar que se converteu no esceario de veladas en formato máis íntimo para poder desfrutar da calidez dos artistas na súa versión máis minimalista.

Un ciclo de actuacións que leva por nome “Uxiadas” e que nace da xenerosidade persoal e musical da artista residente na Illa de Arousa e co desexo de achegar música de calidade nun formato ben próximo e nun espazo que non pode ser máis familiar que a propia casa de Uxía nun xardín presidido polo mural do artista Xurxo Romero adicado ás mariscadoras.

Cun aforo limitado e reducido, serán so uns poucos concertos durante este verán os que permitan unha grande proximidade e interacción entre os músicos e as persoas que asistirán nun ambiente respetuoso de escoita mutua. Nunha atmósfera propicia para gozar de todos aqueles pequenos detalles que enriquecen calqueira expresión artística.

O público desfrutando da actuación acomodado no xardín.  | // NOÉ PARGA

O público desfrutando da actuación acomodado no xardín. | // NOÉ PARGA / Diego Doval

O primeiro destes concertos aconteceu o pasado xoves da man de Luiz Caracol e Ton Risco, cos que tamén partillou temas a propia Uxía. A sorpresa da noite foi Silvia Pérez Cruz quen, coma convidada de excepción cantou dous temas coa anfitriona. Convén sinalar que a cantante e compositora catalana ten unha longuísima traxectoria de éxitos entre os que destaca a consecución de dous premios Goya á mellor canción orixinal. O primeiro en 2012, por ‘Blancanieves’, e o segundo en 2017, por ‘Cerca de tu casa’.

O segundo dos concertos do ciclo “Uxiadas” foi o pasado venres e tivo ao tango coma protagonista. Todo elo da man de dous arxentinos incríbeis: Faryna (guitarra) e Foretic (bandoneón) que fixeron as delicias do público cun fermoso percorrido polas músicas da Arxentina: tangos, milongas e valses que encheron de sensibilidade a tardiña na Arousa.

Los argentinos Damián Foretic y Emiliano Faryna durante su actuación.

Los argentinos Damián Foretic y Emiliano Faryna durante su actuación. / Noe Parga

Claudio H e Luiz Caracol foron os convidados na velada, acompañando coas súas voces as deliciosas melodías chegadas da outra beira do Atlántico. Novamente Uxía partillou este fermoso solpor, poñendo voz a temas tan populares como “El día que me quieras” e “Garufa” exercendo así de excelente anfitriona tamén desde o escenario.

Queda no ar a posibilidade de disfrutar unha ou dúas Uxiadas máis este verán no mesmo formato íntimo. Un privilexio xurdido este ano grazas a vontade e xenerosidade de Uxía Senlle capaz de abrir a súa casa para darlle a benvida a delicidade en formato acústico.

Suscríbete para seguir leyendo