Anuario 2023
Fito cinéfilo con Camborda
A directora vasco-galega converteuse na primeira española en lograr a Concha de Oro de San Sebastián. Neste ano, Lois Patiño triunfou na Berlinale e houbo poalla de goyas galegos

Janet Novás junto a Jaione Camborda. / Alba Villar
Este ano 2023 trouxo unha das mellores añadas para o cinema galego coa coroa depositada sobre a directora Jaione Camborda. A galaico-vasca converteuse na primeira española en conseguir a Concha de Oro no Festival de San Sebastián coa súa película “O corno”, sobre unha parteira galega dos anos 70, na dictadura, que debe fuxir da súa casa. O filme era tamén o primeiro en lingua galega que optaba ao galardón e fixo historia.
“O corno” chegou ás salas de cinema comerciais onde conseguiu ser a Concha de Oro de Donosti máis taquilleira desde 2002. O equipo ten postas as súas esperanzas na nominación ao Goya á mellor actriz revelación con Janet Novás.
Precisamente, nos vindeiros Goya, saberemos se a viguesa María Vázquez se fai co Goya a mellor actriz protagonista polo seu papel en “Matria”. O director, o vigués Álvaro Gago, optará ao Goya a mellor director revelación.
Foi “Matria” outra película galega que rachou neste 2023 e que foi premiada no Festival de Málaga coa Biznaga de Oro para Vázquez polo seu magnífico traballo representando a Ramona, unha muller que emprende un camiño cara o amor propio e a reafirmación no seu presente e futuro con dignidade.
Outro filme que escribiu unha páxina importantísima na historia do cinema galego este ano foi “Samsara”, do vigués Lois Patiño. Foi a primeira vez que un director galego lograba premio no festival de Berlín. Alí, fíxose co premio especial do xurado na sección Encounters.
Máis momentos inesquecibles para o cinema galego chegaron a principios de ano cos Goya da última edición na que “As bestas” se ficho con nove cabezóns dos 17 aos que aspiraba. Así, o santiagués Luis Zahera logrou o Goya de mellor actor de reparto.
Nesa gala, tamén se valorou con Goya o traballo do coruñés Alberto Vázquez, director da película de animación “Unicorn Wars”; do vigués Fran Araújo polo seu guion adaptado para a longametraxe sobre o atentado na sala Bataclan “Un año, una noche”.
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio de Porriño
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano
- Le imponen 5.500 euros por dejar el coche «aparcado» en un taller de Vigo durante seis meses