Unha man ó “Gaitheiro Petroleiro”?

Crean un xogo de cartas inspirado no afundimento do “Prestige” no que colaboran cerca dun centenar de artistas

Tres das cartas daa baralla “O Ghaiteiro Petroleiro”.   | // CEDIDA

Tres das cartas daa baralla “O Ghaiteiro Petroleiro”. | // CEDIDA / M. gonzález

M. González

M. González

Un pouco antes de que se cumpriran os 20 anos do afundimento do “Prestige” fronte as costas galegas, o colectivo Unha Gran Burla Negra, en colaboración co Museo Reina Sofía, organizou a exposición “Las cartas sobre la mesa. La memoria del Nunca Máis y las barajas políticas”, coa que trataban de “recordar, investigar, difundir e reactivar a memoria popular de aqueles feitos a través dun proxecto editorial e expositivo”.

Deste xeito, naceu “O Ghaiteiro Petroleiro”, una mestura artística que “combina satiricamente a memoria do movemento Nunca Máis e o imaxinario popular galego”, cobrando forma de baralla artística na que participan cerca de un centenar de grandes artistas como Peri Helio, Leandro Barea, Lúa Gándara, Liquen, Cristóbal Fortúnez ou Berto Fojo, entre outros.

Por medio de 125 escenas escólmanse momentos e personaxes da cultura galega “coa súas propias entelequias”, apuntaron na presentación desta xenial baralla, que tivo lugar onte na Galería Maraca de Vigo, nun acto que contou coa presenza do investigador e comisario Germán Labrador; o responsable do proxecto, Daniel López Abel; e do ilustrador Peri Helio.

“Levamos con proxectos vencellados á memoria do “Prestige” dende o 2017”, apunta Daniel López. “Fundamos unha asociación cultural para recuperar a memoria do “Prestige” e do Nunca Máis, especialmente do seu carácter cultural”, expón. “Empezamos a argallar diferentes proxectos e nun deles empezou a xurdir a idea de facer un xogo de cartas, porque entendíamos que intentar entender o que sucedeu daquela non se podía recuperar como un aspecto morto, había que intentar manter o espírito vivo”, sostén.

Así que xurdiu a idea de evocar o que fora “A Baralla do Prestige”, “que fora unha iniciativa da Plataforma contra a Burla Negra no 2003”, di López. Nesa baralla introducíanse modificacións na baralla española cos personaxes protagonistas do “Prestige”: Rajoy, Aznar, Fraga, todos os conselleiros... “Esa baralla imprimírona e xogábase con ela, que iso é importante. Así que empezamos a pensar nese tipo de homenaxe a aquelas accións”, engade.

O “Ghaiteiro Petroleiro” xorde coma unha especie de “ser mitolóxico”, capaz de limpar o cosmos coa música da súa Meta-Gaita. “As súas notas reverten o cambio climático, acaban co capital fósil e reparten todos os froitos da terra nun Banquete de Conxo maternal e sen tempo”, expoñen.

Unha das consecuencias da catástrofe do “Prestige” foi a de tomar conciencia sobre a importancia do equilibrio entre a nosa necesidade de explota-la natureza e a súa capacidade de se anovar. Por iso que o “Ghaiteiro Petroleiro”, propón “un combate máxico entre as forzas extractivas do capitalismo avanzado e as forzas reprodutivas da cultura popular”.

Tres cartas da baralla.

Tres cartas da baralla. / Cedida

“A dinámica do xogo é a de tratar de conseguir cinco alimentos totémicos da cultura galega”, di o presidente de Unha Gran Burla Negra. “Ó principio tes que ler bastante porque cada carta (son 125) ten unha función diferente que ven escrita na carta. Ó mesmo tempo, iso é o divertido, porque ademais de crear un xogo, quixemos que fose unha baralla artística”.

Así que empezaron a xuntar nomes de artistas e acabaron “cunha lista duns 80”: “Cada un fixo unha ilustración”. Tamén hai algunhas cartas nas que empregaron imaxes de arquivo, xa que tamén aparecen na baralla personaxes típicos da cultura galega. “O bo de facer un xogo que está entre a memoria e a fantasía é que hai moita liberdade, e así foron aparecendo personaxes. A maioría deles, e como se chamaban as cartas e demais, foi un traballo de Germán Labrador, “que ten unha capacidade moi grande de facer relacións antropolóxicas e artísticas”, apunta Daniel López.

Regras do xogo

Pero, como se xoga? As cartas están divididas en tres categorías: as criaturas (atacan e defenden as materias), os meigallos (permiten accións especiais) e as materias. As materias son de tres tipos: os alimentos (cos que se gaña o xogo), os tesouros (cos que se rouban cartas) e os trebellos (que teñen propiedades especiais).

As materias teñen que poñerse na mesa nada máis chegar á man da xogadora, e estar visibles sempre. As criaturas e os meigallos permanecen na man de cada xogador, ocultas até que se usan ou desbotan.

As cartas de cada categoría identifícanse graficamente cun círculo de formato distinto, situado na marxe superior dereita. Na parte inferior, escríbense as indicacións sobre as súas posibles regras adicionais. Por último, cada naipe inclúe unha cita cultural baixo o seu título e, na marxe inferior, o nome de quen a ilustrou.

LISTADO COMPLETO DOS AUTORES DAS ILUSTRACIÓNS

Asociación Morreu o Demo

Avión

Afonso X

Javi Álvarez

Sol Álvarez

Maru Astray

Leandro Barea

Pepe Barro

José Luis Barreiro Gómez

Kike Benlloch

Nadina Bértolo Sanjuán

Misha Bies Golas

Olmo Blanco

Luis Miguel Bugallo

Adrián Cao

Juan Cabeza

Man de Camelle

Pepe Carreiro

Charamusca

Antía Carreira

Castelao

Manel Cráneo

David Cuence

Camilo Díaz Baliño

Doa Oa

Elara Elvira

Diego Estebo

Ferrol Mola

FAI (Federación de Artistas Independentes)

Cándido Fernández Mazas

Elga Fernández

Ana Ferot

Berto Fojo

Cristóbal Fortúnez

Lúa Gándara

Miguel Ángel García

Federico García Cabezón

Joel González (Futuro Final)

Jorge Peral

Pía Piadosa

Daniel Pino

Alejandra Pombo Su

Alberto Guitián

Peri Helio

Carmen Hermo

X. Carlos Hidalgo

Fausto Isorna

Xan de Dios

Xosé Luis de Dios

Julia Lago

Tere Larios

Wences Lamas

Leandro Lamas

Pancho Lapeña

Natasha Lelenco

Liqen

Sandra Lodi

La Lonja Estudio

César Lombera

Xaquín Marín

Pablo Outón

Pablo Orza

Andrés Magán

Sergio Marey

Andrea Menéndez

Pepito Meijón

Berio Molina

NEG (Nova Escultura Galega)

Noemí Núñez

Joseba Muruzábal

Pelucas

Plataforma Contra a Burla Negra

Pablo Prado

A. Rabuñal & F. Guzmán

Heitor Real

Redes Escarlata

Óscar Raña

Tristán Ron

Laura Romero

Roque Romero

Iria Ribadomar

Chano Ripio

Viki Rivadulla

Rubén Santiago

Silvia Sánchez Corral

Seara

Manuel Sendón

Kiko da Silva

Sokram

Yoshiro Tachibana

Tayone

Fernando Tomé Castedo

Laura Tova

Mauro Trastoy

Alba Troiteiro

Álvaro de la Vega

Natalia Umpiérrez

Álvaro Valiño

O Vello do Pico Sacro

Irene Vidal

Camila Viéitez

María Viñas

Jano Viñuela

Xosé Vizoso

Diego Vites

Dani Xove

Suscríbete para seguir leyendo