A Deputación ofrece aos concellos un contacontos polo Días das Letras

A Deputación ofrece aos concellos da provincia “Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta”, un contacontos dinámico e participativo para festexar as Letras Galegas e divulgar a traxectoria da autora homenaxeada neste 2024. É totalmente de balde para os municipios e a actividade está realizada por Polo Correo do Vento. Consiste na narración da vida de Luísa Villalta e na creación dunha ilustración da autora.