Un mes para disfrutar da nosa lingua

Oito entidades colaboran co Concello para festexar o Día das Letras con concertos, espectáculos teatrais ou certames orais, entre outras propostas

Animación infantil na rúa Serra, o pasado ano no Día das Letras Galegas.

Animación infantil na rúa Serra, o pasado ano no Día das Letras Galegas. / Gustavo Santos

S. R.

Concertos,teatro, presentacións culturais ou certames orais son algunhas das propostas de “Maio, mes da lingua”, un conxunto de actividades artelladas ao redor da conmemoración de 17 de Maio, Día das Letras Galegas, e que implica a distintos centros educativos, grupos e asociacións.

O doncelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, incidiu no carácter colaborativo do programa, no que participan 8 entidades “que traballan na Boa Vila a prol da lingua”, lembrou antes de destacar que todas “fan un esforzo realmente importante para que esta programación poida ser realizada, amosando o seu amor polo galego e por conseguir o obxectivo que todos e todas temos neste caso: que o galego sexa unha lingua normal en Galiza e que a poidamos utilizar en calquera eido”.

A presentación en sociedade da nova revista xuvenil “Xeración Alfa”, que xorde da colaboración do Concello co xornal Nós Diario, marcará hoxe o inicio do prorama. O debut será esta tarde no CITA ás 19.30 horas, cunha mesa redonda na que participarán a directora do diario, María Obelleiro; os cooordinadores dos catro primeiros números da publicación, Ana Loureiro e Rafael Ruíz; e Sara Ferro, integrante de Fillas de Cassandra.

A seguinte proposta de “Maio, mes da lingua” será o concerto, en forma de duelo de bandas, que se desenvolverá no conservatorio Manuel Quiroga, ás 19.30 horas do vindeiro venres, día 10.

Ao día seguinte celebrarase o certame musical de “Ben Veñas, Maio” e entregaranse os premios de todos os concursos, nun acto que terá lugar no Teatro Principal a partires das 18 horas.

Para o día 16 está previsto o concerto Agora: Sun-Iou, organizado polo CEIP Campolongo e que se celebrará neste colexio ás 12.30 horas.

Na fin de semana Día das Letras está programada a Festa da Lingua. A Asociación Cultural A Pedreira colabora neste encontro que incluirá o vindeiro día 17 ás 20.30 horas unha ruada con bandas de gaitas dende a praza da Peregrina.

Pola súa banda, a praza da Pedreira será escenario a partires das 21 horas dos concertos de Os Vacalouras e Catuxa Salom.

A Festa da Lingua continuará o 18 de maio, sábado, na rúa Serra con xogos populares, Peter Punk, banda de gaitas e libros viaxeiros.

A programación retomarase na seguinte fin de semana coas propostas Traficantes de verbas, a cargo de Aventeira, prevista para as 12 horas na Illa do Covo e pensada para crianzas de 8 a 12 anos, sin inscripción previa; e Falemos como galegas, con Migallas, que presentará este espectáculo teatral ás 17 horas no Centro Cultural de Monte Porreiro, outra de las entidades que colabora no programa. A entrada será libre ata completar a cabida.

Suscríbete para seguir leyendo