Os alumnos de Caldas reparten carteces de "Aquí tamén se fala galego" polos establecementos de municipio

Distribuirán os carteis por 50 negocios pola vila e a súa contorna

Foto de grupo do Alfonso VII

Foto de grupo do Alfonso VII / FdV

R.P.

O alumnado do CPI Alfonso VII e do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis participa xunto co doutros 180 centros galegos nunha campaña creada polo IES Rafael Dieste da Coruña para difundir o uso do galego nos comercios locais.

A rapazada dos institutos de Caldas iniciou unha distribución de carteis, que aínda segue en marcha, co lema #aquitamensefala en máis de 50 negocios da vila e das parroquias para promover o uso da lingua na contorna. Nesta campaña de normalización lingüística é a xente nova a que toma a iniciativa de convidar a proxectar a imaxe do galego como lingua viva e con futuro.