O BNG de Marín denuncia a falta de pediatras en Marín durante as vacacións de Nadal

“En plena epidemia estacional de gripe, os veciños contan cun único especialista”

REDACCIÓN

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou onte “as deficiencias que afectan aos servizos sanitarios en Marín” e cita como “exemplo paradigmático a carencia de pediatras durante as vacacións de Nadal”. A situación da que fala os nacionalistas “evidencia a falta de planificación e recursos, destacando a presenza dunha única pediatra para atender urxencias nun momento de elevada demanda sanitaria. Este feito resalta a insuficiencia de persoal, un problema persistente que afecta á calidade xeral dos servizos sanitarios”

Lucía Santos, voceira do BNG, dí que “en plena epidemia estacional de gripe con aumento de infeccións respiratorias e contaxios por COVID e gripe A, o Sergas deixe á veciñanza coa única atención dunha pediatra”. Engade que “a precariedade do servizo de pediatría non é unha novidade, xa que opera desde hai tempo con menos pediatras dos necesarios para atender a máis de 3.500 pacientes. Esta lamentable realidade reflicte a precariedade coa que o servizo está a levar a cabo a súa labor”

Santos subliña que a “falta de pediatras é só a punta do iceberg nun sistema de saúde que opera ao límite. A escaseza de recursos humanos non é un fenómeno illado, senón unha realidade constante na que os servizos de saúde traballan con persoal insuficiente para atender á poboación”. Por ello insta “á cidadanía a unirse á denuncia destas deficiencias presentando reclamacións ao Sergas”.