Sabía que a voz tamén se doa?

Culturgal acolle varias propostas vinculadas ás tecnoloxías, como o proxecto Nós, que busca levar o galego á Intelixencia Artificial recollendo as voces dos asistentes

Unha asistente doa o seu rexistro de voz, onte, no Culturgal.

Unha asistente doa o seu rexistro de voz, onte, no Culturgal. / Gustavo Santos

Públicos de toda Galicia encheron onte o Culturgal dende primeira hora da mañá para coñecer as principais propostas da cultura galega cara o vindeiro ano. No extenso programa, por momentos inabarcábel, houbo tempo para as visitas institucionais, como as que protagonizou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que acudiu á presentación da Diagnose da Industria Musical en Galicia, elaborada pola Asociación Galega de Empresas Musicais co apoio da Xunta.

A lideresa do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, tamén se achegou ata o Culturgal acompañada do escritor Suso de Toro, que presentou o libro “Descubrindo Ana Pontón”. O público lector tivo asemade a oportunidade de conversar con Bernardo Atxaga arredor de “Exteriores do paraíso”, unha obra que “vadea os límites da narrativa, da poesía e da autobiografía, e que marca un fito na súa extensa traxectoria literaria”, sinalan dende a editorial Kalandraka sobre este traballo dun autor distinguido como Escritor Galego Universal e co Premio Nacional das Letras Españolas.

A maiores, centos de sistentes disfrutaron das actividades. Entre elas figurou Galiverso, O vello Portomarín, unha experiencia de realidade virtual que amosa un paseo pola vila luguesa antes de ser asolagada polo embalse de Belesar.

As tecnoloxías están moi presentes no Culturgal de 2023. Entre ellas destaca Nós, un proxecto inédito en Galicia promovido pola Universidade de Santiago e a Xunta para integrar a nosa lingua na Intelixencia Artificial.

Adina Vladu, investigadora do proxecto, explica que “buscamos traer o galego ás novas tecnoloxías, especialmente á IA, porque é importante que as linguas minorizadas, as linguas pequeñas, dispoñan dos recursos dos que dispoñen las linguas grandes, o inglés, o castelán ou mesmo o portugués. Para o galego non existe nada diso e é importante que estes recursos se poñan a disposición de quen despois poda construir con eles tecnoloxías, aplicación, dispositivos intelixentes, que poda utilizar calquera persoa que fale galego”.

Ana Pontón, con Suso de Toro na presentación do libro sobre a lideresa do BNG.

Ana Pontón, con Suso de Toro na presentación do libro sobre a lideresa do BNG. / Gustavo Santos

Con este obxectivo, poñen en marcha a campaña Doa a túa voz. Búscase gravar os rexistos máis diversos posibles “para que despois facer recoñecedores de voz que recoñeza a calquera persoa falante de galego, de calquera idade, con calquera variedade lingüística… Incluso de persoas que non son nativas do galego, coma min. Por eso é importante que toda a comunidade galega se achegue á páxina Common Voice, que é unha plataforma internacional que recolle voces de todo o mundo, de todas as linguas, e lea unha serie de frases que xa están alí proporcionadas”.

Tamén é importante, engade, “validar as voces que doaron outras personas”. A investigadora suliña que todos os datos persoais son perfectamente seguros, aínda que as voces despois se poñan en aberto para que calquer persoa poida desenvolver tecnoloxías con elas.

A arte é outra das grandes apostas desta edición, que por primeira vez reúne a doce galerías galegas

PONTEVEDRA. INAUGURACION DE CULTURGAL.

Nove Noel, no espazo da galería La Doce. / Gustavo Santos

A arte é outra das grandes apostas desta edición, que por primeira vez reúne a doce galerías galegas, entre elas La Doce, de Boiro. Nove Noel, un dos artistas que presenta obra neste espazo, fai fincapé en que “xa viña sindo hora de que o Culturgal se abrirá, e o resultado é moi bo: bastante heteroxéneo, bastante ben montado. A complementación entre escénicas, teatro, literatura etc e a arte penso que é unha aposta moi interesante”.

Fóra do espazo de arte, na zona de expositores, tamén presenta unha proposta artística o obradoiro compostelano Sanín Percusión Tradicional. José Manuel Salvado Senín explica que ven ao Culturgal “cunha selección de pandeiretas ilustradas. É unha colección na que colaboramos con 12 ilustradores de Galicia, cada un dos cales aporta tres ilustracións e facemos cinco reproduccións, ata un total de 36 obras”.

José Manuel Salvado Senín, do obradoiro compostelano Sanín Percusión Tradicional.

José Manuel Salvado Senín, do obradoiro compostelano Sanín Percusión Tradicional. / Gustavo Santos

Éstas plásmanse “sobre unha pandeireta tradicional galega, en madeira de nogueira, coiro de cabra... Exactamente igual que sería una pandeireta para tocar, e reproducindo un pouco unha idea que xurdeu no Romanticismo, na que se usaba a pandeireta como soporte pictórico. Eu pensei que inventara a roda e xa estaba inventada, pero gustoume saber que outra xente antes, coma nós, empregara ese soporte”.

Tras un longo sábado, Culturgal despide hoxe unha edición na que renovou o seu formato e na que desenvolve máis de 200 actividades.

Suscríbete para seguir leyendo