O concello de Cuntis ten case rematados os traballos de mellora viaria e auga no núcleo rural de Guldrigans

O Concello de Cuntis ultima a intervención de mellora de camiños e abastecemento na aldea de Guldrigans. A actuación nos camiños afectou a unha lonxitude de 600 metros cunha superficie de 2.735 m2. Ademais, procedeuse á colocación da rede de abastecemento da traida municipal, que supuxo a instalación da traida de augas a 48 viviendas. Realizouse un investimento en pavimentación de 37.269 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e no abastecemento foron 30.000 euros por parte do concello con material e personal propios.