Pedro Feijoo presenta en Ourense a novela “Ninguén contará a verdade”, premio Xerais

Alonso y Feijoo.

Alonso y Feijoo. / Fernando Casanova

“Ninguén contará a verdade” é a novela social coa que Pedro Feijoo (Vigo,1975) acadou este ano o prestixioso premio Xerais, na cuadraxésima edición do certame. Este xoves, na sede ourensá da librería Nobel, o autor presentou a obra e compartiu impresións cos lectores. No acto, que contou con numerosos asistentes, estivo acompañado polo tamén escritor Fran Alonso, que ademais é o director de Xerais. ‘Ninguén contará a verdade’ é unha historia sobre a corrupción política e as súas consecuencias, “en cuxa trama de ficción calquera lector informado pode atopar referentes reais claros”, salienta a editorial. En poucas semanas, o libro supera os catro mil exemplares vendidos.