O Ceip da Espiñeira gaña un concurso da Academia Galega sobre Fernández del Riego

O colexio de Aldán levou á escena a obra teatral As cousas de don Paco, entre outras propostas

Alumnado do Ceip da Espiñeira que participou no certame.  // FdV

Alumnado do Ceip da Espiñeira que participou no certame. // FdV / FdV

G.M.P.

O Ceip da Espiñeira, en Aldán, é un dos tres gañadores da sétima edición do concurso “Contádenos o voso Día das Letras Galegas”, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto web para o público infantil “Primavera das Letras”. No colexio cangués levouse á escena a obra teatral “As cousas de don Paco” , alusivo á figura, á obra e ao legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, o editor, escritor, activista cultural e académico Francisco Fernández del Riego. Tamén se adaptou un tema das Tanxugueiras cunha nova letra para animar ao alumnado a falar galego, entre outras propostas.

Alumnado do Ceip da Espiñeira que participou no certame.  // FdV

Alumnado do Ceip da Espiñeira que participou no certame. // / FdV

Os outros dos colexios premiados no certame da RAG foron o Juan Rey, de Lourenzá, e o Juan Fernández Latorre, da Coruña, por actividades organizadas e celebradas ao longo do curso escolar.