Gallego Común xa ten na rúa o seu primeiro traballo discográfico

REDACCIÓN

O primeiro traballo discográfico da banda morracense Gallego Común xa está na rúa en formato físico e dispoñible nas principais plataformas dixitais. Trátase do EP “Podía ser peor”, con cinco temas gravados, mesturados e masterizados por David Bleis, de Creonmí Producciones. Como anticipo do disco, a banda que xurdiu hai un ano na comarca do Morrazo publica a canción “1/2 Rural”, acompañada dun videoclip dirixido, gravado e editado por Sergio Prado, de Eido Cinema.

Gallego Común inicia unha aventura “por debaixo do underground a golpe de rock post bravú con espíritu punk”. “Son catro tipos que fan o que poden, non o que lles gustaría: música precaria para unha época confusa”. A fin de semana están no Canteira Fest, de Vilaboa.