elena ferro | Zoqueira

“Un dos maiores retos foi facer uns zocos de 60 centímetros para unha Drag Queen”

A zoqueira ofreceu unha conferencia sobre o oficio na bibliteca da EMAO

Ferro, na sua conferencia na EMAO, onte.   | // R. GROBAS

Ferro, na sua conferencia na EMAO, onte. | // R. GROBAS / e. villanueva

Un oficio que semellaba relegada a un segundo plano pero que nos últimos anos soubo reinventarse sen o máis importante: perder a súa esencia. A arte dos zocos ten en Elena Ferro unha embaixadora que lle ven de familia, máis de tres xeracións veñen traballando no oficio dos zocos, e sobre o que non dudou en conservar coa finalidade de que non desapareza e coa ambición de chegar a un público cada vez máis novo. Onte presentou o sue traballo na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) nunha nova xornada dos Venres da EMAO.

–Inevitable preguntar, quédalle moita vida ós zocos?

–Esperamos que teña futuro, e cada vez máis futuro. Tocou reactivar un oficio a piques de desaparecer para que o houbo que introducir moitos cambios a nivel tanto de deseño como tamén de materiais, porque é certo que se trata dun oficio que estaba condenado a desaparecer.

–Como enfocou este traballo de reinventarse ou morrer?

–O fundamental e o que non se podía cambiar era a súa utilidade. O zocos teñen que seguir cumprindo coua súa función orixinal, manter os pés quentes o protexidos da auga no inverno. Unha gran novidade que introducimos foi o cambio na madeira, precisábamos que fora máis dura polas condicións actuais do solo e incluso mudar tambén un pouco a súa forma para non tirán tanto do talón. Tamén é fundamental que continúen a ser o máis cómodas posibles, polo que houbo que traballar moito nas súas condición e non só na estética, aínda que todos sabemos que no mundo da moda todo entra polos ollos. Importante foron tamén as novas ferramentas que se introduciron como as troqueladoras de corte.

–Cal é o voso perfil de público ou compradores?

–Hai que pensar que dende o anos 80 ata o 2000 eran preferentemente empregados polas mulleres de aldea, de campo. Pero agora a situación cambiou, xa non se empregan só nese punto e cada vez vemos máis mulleres de entre 35 y 65 anos, inda que tamén temos a moitos nenos e incluso cada vez máis homes.

–Chegar o público máis novo é complexo.

–Sí, moito, porque o máis complexo e xerarlles un interese nos zocos para que o seu uso non morra. Vemos por exemplo que cada vez están tendo máis aceptación como regalos de Nadal, e isto é un primeiro paso. Ao final todo funciona polo boca a boca. Se un compañeiro teu ten un zoco, ti velo e podes querer un. A maiores, nós nas nosas redes fecamos todas as semanas un montaxe con zocos e tratamos de sacalos de contexto con frases de retranca e outras máis serias.

–E tamén importante que os pais inculquen esta tradicionalidade os nenos.

–Por suposto, que lles ensinen que son e a súa utilidade. Queremos que non desaparezan do imaxinario da xente, e sobre todo intentar sacar esa imaxe de negatividade, de traballo no campo, que tradicionalmente teñen.

–Nestes anos realizaría centos de encargos,pero se tivera que elixir un, cal sería?

– Pois todos son especiais, pero unha vez tivemos que facer para una Drag Queen uns zocos de 60 centímetros de alto. Foi un traballo moi complexo pero gustoume moito, foi algo diferente, un reto. Ao final encantáronlle.

Suscríbete para seguir leyendo