O colexio García Barbón está situado no centro de Vigo, moi preto da estación de tren de Guixar e do Porto de Vigo.

A principal característica do noso centro é a súa pluralidade e integración. A educación e formación está baseada no respecto, na cooperación, na solidariedade e na tolerancia.  

O noso proxecto educativo está baseado nos seguintes principios:

  • Favorecer procesos interdisciplinares e de aprendizaxe significativa.
  • Fomentar o coñecemento e o uso de técnicas de traballo intelectual.
  • Impulsar hábitos de traballo.
  • Responder adecuadamente ás necesidades de cada alumno/a.
  • Garantir a orientación escolar: o centro dispón dos servizos de pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe
  • Garantir actividades complementarias.
  • Estase a desenvolver un proxecto de horto escolar para pór en contacto aos nenos e nenas coa natureza.
  • O alumnado recibe ensino de idioma estranxeiro dende os tres anos.
  • Somos un centro bilingüe. Dende este curso 2016-2017 o alumnado recibirá de xeito progresivo as sesións de Educación Física en inglés. Este ano está incorporado ao programa 1º de Educación Primaria, o seguinte curso impartirase en 2º e 1º e así curso a curso ata completar a etapa.
  • A ANPA traballa activamente na organización e xestión do comedor escolar, organiza as actividades extraescolares e colabora na consecución de melloras de todo tipo para o colexio.

Os diferentes equipamentos e instalacións tanto interiores como exteriores do centro son:

  • Aulas de educación infantil equipadas con ordenador e proxector.
  • Aulas de educación primaria equipadas con ordenador, proxector ou pizarra dixital interactiva.
  • Aula de lingua inglesa equipada con pizarra dixital interactiva.
  • Aula de francés.
  • Aula de música.
  • Biblioteca equipada con ordenadores e proxector.
  • Aula de informática cun equipo completo por alumno/a.
  • Aulas de audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica.
  • Aula de psicomotricidade.
  • Pavillón polideportivo.
  • Patio propio de educación infantil.
  • Horto escolar.
  • Campos exteriores polideportivos.
  • Comedor.
  • Obradoiro matinal e obradoiros vacacionais.


Visita de Faro de Vigo del CEIP García Barbón, curso 2016-17

8

Visita de Faro de Vigo del CEIP García Barbón, curso 2016-17

settings