O colexio ten unhas boas instalacións , tanto interiores como exteriores, cuns grandes patios e campos de xogo, ademais de patio cuberto, e aulas totalemente equipadas, todas elas con pizarras dixitais. Tamén temos aulas propias das áreas de inglés, que se imparte dende os tres anos, aula de música e ximnasio propio todas elas co material necesario para levar a cabo as diferentes clases e sesións, ademais de contar cunha ampla biblioteca e aula de informática.

Entendemos a educación como un proceso de desenvolvemento das capacidades de cada alumno e alumna, calqueira que estas sexan; por iso todos e todas teñen cabida, todos aportan e todos intercambian as súas experiencias e os seus descubrimentos, vivencias, inquietudes, interrogantes... por iso o noso método de aprendizaxe e activo e interactivo, cunha organización flexible da escola e das clases facendo do alumnado o auténtico protagonista do proceso de aprendizaxe. Por iso temos como ideal no CEIP Eduardo Pondal unha ensinanza moderna, activa, creativa, globalizadora, plural, multicultural e integradora.

 Página web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippondalvigo/

 Correo electrónico: ceip.pondal.vigo@edu.xunta.es

 Dirección: Rúa Rosal Florido nº24 - 36215

 Teléfono: 886 120 261