CEIP Plurilingüe Nº2
A atención á diversidade, a milla, o deporte, a natureza, a educación dixital, a alimentación e o benestar emocional, son, entre outros, os grandes piares do centro.
R. V.
O CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui é un centro educativo de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparte dúas etapas educativas: 2º ciclo de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e Educación Primaria (de 6 a 12 anos).
Foi inaugurado no curso 1973-1974, en febreiro de 1974, polo que neste curso académico cumpriremos 50 anos. O CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui é un cole moi grande, con 18 grupos da alumnos/as e outras dependencias.
O recinto escolar é amplo e conta con zonas verdes de xogo para Primaria e para Infantil, así como pistas deportivas.
Temos xornada única de mañá de 9:15 a 14:15, e contamos con servizo de aula matinal e comedor, xestionado pola nosa ANPA “As Olivas”.
Estamos moi implicados cos ODS, e aínda que xa vimos traballándoos desde diferentes cauces, este ano presentamos o noso proxecto de centro DIVER-XENTE, co cal pretendemos tomar conciencia e aportar para conseguir un mundo mellor. A atención á diversidade, a milla, o deporte, a natureza, a educación dixital, a alimentación e o benestar emocional, son, entre outros, os grandes piares do noso centro.
Página web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/
Correo electrónico: ceip.numero2.tui@edu.xunta.gal
Dirección: Avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui, Pontevedra
Teléfono: 886 12 00 57
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Despedida de una panadería de Vigo por sisar monedas de las ventas
- Malas noticias para los pensionistas: adiós a recibir la paga extra este 2025
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Un robo con extrema violencia: asaltan a punta de pistola a una pareja y la rocían con gasolina en Meis
- Bruno Vila se despide de sus compañeros de los Mozos de Arousa: «Cerrando etapas»
- Preparados para tiritar: alerta por frío en Galicia
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»