Este centro opta por unha liña metodolóxica innovadora, introducindo paulatinamente dinámicas favorecedoras da formación competencial do noso alumnado a través de 5 eixos fundamentais:

  • O movemento como ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral do noso alumnado. Coas sesións diarias de psicomotricidade ao inicio de cada xornada escolar procúrase a estimulación das conexións neuronais, o coñecemento de sí mesmo e da contorna e as relacións cos demais.
  • Situacións de aprendizaxe. O noso centro propón unha dinámica de aula baseada en contextos ( comunicativo-lingüístico, lóxico-matemático e científico-social) que favorezan a posta en práctica dos contidos conceptuais a través de tarefas experienciais e reais con transcendencia social para o noso alumnado, empregando dinámicas e estruturas propias da aprendizaxe cooperativa.
  • Formación continua do Equipo Docente a través de Programas de Formación Para o Profesorado, Seminarios, ponencias, cursos e obradoiros co obxectivo de mellorar a práctica docente.
  • Convivencia Escolar Positiva. O noso centro valora as aportacións de todos os membros da comunidade educativa, por este motivo traballamos xuntos/as a través das comisións de Asesoramento ao alumnado, Asesoramento ao Profesorado, Encontros periódicos entre Familia-Escola e a nosa Escola de Familias "Lameira".
  • Programas e Proxectos. Actualmente contamos co Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE), CLUBE DE LECTURA, CONTRATOS – PROGRAMA ou POLOS CREATIVOS. Un dos proxectos no presente curso é a aposta por un cambio nos nosos patios e espazos, “PATIOS VIVOS” para atender as necesidades e diversidade do noso alumnado.

 Página web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjosefaalonso/

 Correo electrónico: ceip.josefa.alonso@edu.xunta.es

 Dirección: Rúa Manuel Cominges 14, Vigo, Pontevedra, 36213

 Teléfono: 886120246