CPR Santo Tomás
Queremos saber...
Un dos pilares básicos deste centro é favorecer a convivencia dentro da comunidade escolar, así como a participación activa do seu alumnado, mellorando o clima escolar. Para isto participamos no proxecto “Titoría entre iguais” (TEI), ente os/as alumnos/as que pretende desenvolver habilidades nos/as nenos/as na resolución de conflitos.
Contamos cunha aula de convivencia, onde se buscan solución dialogadas e pacíficas aos problemas de convivencia.
A Biblioteca Escolar é unha das ferramentas máis útiles como docentes para favorecer o fomento da lectura e a participación activa nas actividades do centro, e contamos cun amplo grupo de lectores.
De xaneiro a Maio celebramos a “Olimpíada do Saber”, xogo en equipo no que deben averiguar as respostas ás preguntas propostas polo equipo de Biblioteca.
Contamos con pistas deportivas e pavillón e no recreo empregamos o proxecto “Santo Tomás en xogo”, que organiza os patios, e os xogos aos que cada curso pode xogar durante ese tempo.
Fomentamos o uso da lingua galega e tamén do inglés, contando coa axuda dun nativo dentro das aulas cos nosos alumnos/as.
Ademais de todo isto, procuramos que todos nos sintamos integrados na Comunidade Escolar e formando parte da gran familia do colexio “Santo Tomás”.
- Dirección: Colexio Santo Tomás A Florida - Torneiros s/n - 36410 (O Porriño - Pontevedra)
- Teléfono: 986 33 76 14
- Páxina web: www.colexiosantotomas.com
- Correo electrónico:cpr.santotomas@edu.xunta.es
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Los tres trucos de los economistas para ahorrar en el Mercadona: 'Se ahorra un montón de dinero
- Una familia de cinco generaciones en Aldán
- Taller de Marcha Nórdica
- Douvikas se autodescarta del partido de Copa tras plantear su salida de Celta
- Detenido por conducción temeraria tras darse a la fuga
- Pandilleros de una banda latina apuñalan y disparan por error a un joven trabajador de 20 años
- Chenoa, muy feliz y emocionada, anuncia que amplía la familia