O Colexio Andersen está localizado no lugar de Augalonga, sito na Garrida, na parroquia de Valadares, ao sur do monte Alba e ao norte do monte Galiñeiro, pertencente ao Concello de Vigo. O centro comeza o seu camiñar fronte o Estadio de Balaídos no ano 1969 e, máis tarde, no 1977, construíuse o actual centro en Valadares acolléndose ao Programa de Transformación e Clasificación de Centros. Polo que ao noso proxecto educativo respecta, dicir que os elementos que dan sentido ao noso traballo son a ensinanza para a vida, para a convivencia en sociedade, a ensinanza en valores, a ensinanza democrática e inclusiva, e a ensinanza no respecto ao medio ambiente e aos hábitos de vida saudables. O Colexio Andersen procura unha educación integral e afectiva, potenciando entre o seu alumnado o esforzo e o traballo, tanto individual como colectivo e o uso da biblioteca como espazo vertebrador da aprendizaxe, ademais dunha:

  • Educación non sexista, coa igualdade entre homes e mulleres.
  • Educación laica, respectuosa coa diversidade cultural, racial, ideolóxica e coas crenzas relixiosas de cada persoa.
  • Educación crítica, reflexiva, solidaria, humanizadora, tolerante e participativa.
  • Educación Plurilingüe desde Educación Infantil e durante todas as demais etapas educativas (Educación Primaria e ESO).
  • Educación aberta ás novas tecnoloxías e ás novas propostas no eido educativo.

 Página web: https://colexioandersen.es

 Correo electrónico: cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal

 Dirección: Camiño Escola Andersen, 28, A Garrida (Valadares) C.P. 36315, Vigo, Pontevedra.

 Teléfono: 986469412.