Síguenos en redes sociales:

“Unha aprendizaxe tanto para mestres como para alumnos”

Falamos con algúns dos centros que participan por primeira vez en Faro da Escola, o Colegio Andersen e o CEE San Rafael: “Temos moitas preguntas e moitas ganas!”

“Unha aprendizaxe tanto para mestres como para alumnos”Ricardo Grobas

Igual que fan os alumnos e alumnas nas aulas, Faro da Escolarecibe tamén cos brazos abertos a novos compañeiros cada ano grazas á incorporación de máis centros educativos ao proxecto escolar.

E é que está claro que a suma de novos ‘fichaxes’ é sempre “unha oportunidade para enriquecerse, escoitar novas experiencias, aprender a ver o mundo doutra forma e chegar a novas reflexións.

Un exemplo desas novas incorporacións é o Colexio Andersen, que nada máis dar o pistoletazo de saída desta novena edición xa comezou a traballar: “A verdade é que temos xa experiencia na parte de selección de noticias e información, porque no centro temos o noso propio podcast. Pero facer un xornal é algo completamente novo e temos moitas ganas! Xa empezamos a preparar e seleccionar á parte das entrevistas - a favorita dos alumnos - e temos contactados algúns artistas para comezar a traballar”. Así o explica Aldara Camba, a mestra que se encargará da coordinación entre Faro e o centro escolar, o Colexio Andersen, que entrará a participar no proxecto de forma transversal: todas as aulas traballarán en común.

“Temos un montón de dúbidas, estamos á expectativa do que pasará porque somos un centro de educación especial moi pequeniño, e con moitas capacidades diferentes” conta Ana Belén Troncoso, do CEE San Rafael.

“Entrei un par de veces para ver o Scribus e teño algunha dubida, pero coa formación creo que queda todo claro”. E é que onte, FARO DE VIGO recibiu nas súas instalacións de Chapela aos novos participantes (e a aqueles repetidores que querían resfrescar conceptos) para facer unha pequena formación sobre os conceptos clave, o uso da ferramenta Scribus, dar as pautas de inicio de curso e resolver as dúbidas máis habituais.

Os xornais impresos da pasada edición.

Que agardan con máis ilusión?

As novas incorporacións teñen dúbidas, pero tamén ilusións. Entre as actividades que agardan con máis ganas están as entrevistas, a maquetación dos xornais e as visitas dos autores aos centros. “Especialmente porque este ano inauguramos un espazo novo para a biblioteca e xa hai ganas de estrenalo!” apunta a mestra dende o CEE San Rafael.

Que lle preguntarías a un veterano de Faro da Escola?

E como para aprender o mellor é apoiarse nos máis experimentados, as docentes están cheas de preguntas para os habituais deste proxecto.

A maioría das dúbidas xiran sobre a organización: “Eu querería saber se lles resultou moi complicado implicar aos alumnos en todo o proceso”_comeza Ana Belén Troncoso, moi en consonancia con Aldara Camba, que ten claro que a organización entre aulas é unha tarea complicada “Nós traballaremos de forma transversal todo o centro, algún outro colexio fixo así? Como foi a experiencia?”

E é que implicar ao alumnado durante todo o proceso, buscar inspiración para realizar as noticias e que farían diferente respecto a primeira vez son as cuestións máis repetidas entre os novos fichaxes. “Estamos cheos de incertidume, pero sobre todo de moitas ganas!”

E ao final, unha das cuestións protagonistas “Volveríades a Faro da Escola? Por que?”

Aa respuesta está clara e nós a comprobamos a través dos centros que repiten cada ano: e é que unha vez participas en Faro da Escola, sempre queres regresar.

Moita sorte a todos os que comezan esta aventura e aos que a disfrutan de novo. A pola nova edición!

Pulsa para ver más contenido para ti