CPI Plurilingüe Alfonso VII » debuxo
“Inspiración en todos os sentidos”
» Paula Gómez abraiou ao xurado cunha proposta quen de contar, ao mesmo tempo, o vivido e o que está por vivir

Foto de grupo dos gañadores na categoría de Debuxo para 3º e 4º da ESO, acompañados do conselleiro de Educación, Román Rodríguez; e o xerente de FARO, Pedro Costa. / Ricardo Grobas
M.B
A lapis e en branco e negro, Paula Gómez Trigo, alumna do CPI Plurilingüe Alfonso VII déixanos aos seus 14 anos sen fala cun fermoso momento no que, chegado ao faro de Fisterra, un peregrino goza do seu merecido descanso tras acadar Compostela e seguir máis alá, ata a mesmísima fin do mundo.
Descalzo, fronte ao mar, sentado ao pé do Quilometro Cero e escoltado polo caxato e a vieira, acaricia os seus pés, os mesmos que o levaron ata alí e protagonistas sen dúbida das tantas aventuras vividas que lle imaxinamos da man da autora desta gran peza artística.

O debuxo de Paula Gómez, entre os gañadores. / Cedida
“Contar o final do Camiño é falar, ao mesmo tempo, do resume de todo o acontecido, de todo o esforzo e a evolución do protagonista; pero tamén do que pode vir despois. Foi de Paula de quen saíu a proposta e a min pareceume moi interesante”, relata Cesar Tejada, profesor de Plástica no centro e para quen supón un auténtico luxo contar cun percorrido coma este en Galicia, nas súas palabras: “unha inspiración en todos os sentidos: persoal, artístico, espiritual…”.
Precisamente por este motivo, propuxo á clase facer un debuxo con esta temática e presentalo á segunda edición do certame de Escola en Camiño, no que finalmente venceu Paula Gómez: “É unha alumna con moitas inquietudes artísticas e moita man. E mira que no derradeiro momento tivo problemas para entregalo, pero o importante é que foi quen de superalas e presentalo. Despois, a sorpresa foi gañar, o que seguro que lle vai motivar moito tamén a partir de agora”.
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Una enfermera vuelca en Vilagarcía tras quedarse dormida al volante
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Un banco pagará 6.000 euros en costas por no devolver 104 euros a una clienta de Vigo
- Un vigués logra que la Justicia le reconozca ser dueño de una finca tras 30 años de conflicto con los comuneros de Cabral