Colegio Ángel de la Guarda » debuxo
Do “caderno de artista”á “fin da peregrinaxe”
» O Pórtico da Gloria é unha obra cume da arte universal ou un fito da Publicidade? O enfoque importa!

Foto de grupo da clase do colexio Ángel de la Guarda. / Ricardo Grobas
M.B
Ademais dunha obra cume da arte universal, o Pórtico da Gloria pode considerarse un fito histórico da historia da Publicidade ao representar un dos primeiros folletos turísticos da Idade Media, quen de atraer a milleiros de persoas ata Santiago só para contemplalo.
A Xosé Pedrido, mestre de Plástica no Colexio Ángel de la Guarda, gústalle provocar ao seu alumnado con datos e historias que, como a anterior, anímanlles a ver a Historia da Arte e os distintos estilos que a compoñen desde diferentes perspectivas.
“O centro o completo traballa por crear ese ambiente innovador e creativo, no que o alumnado tamén aprende a través de retos. En concreto, na materia de Educación Artística, queremos que a arte enténdase coma unha idea, máis que como manualidade”, relata o docente para pasar a explicar que cada alumno traballa cunha libreta de artista, un caderno no que, durante todo o curso, van anotando ideas e desenvolvendo proxectos que lles interesan: “Funcionou desde o primeiro momento”.

O traballo premiado “O fin do Camiño”. / Ricardo Grobas
“Non mo contes; faino e a ver que sae”
Dun deses cadernos xurdiu precisamente “O fin do Camiño”, debuxo co que Carlos Prado Rodríguez vén de alzarse co premio da súa categoría para 3º e 4º de Primaria: “Carlos é un neno ao que lle chifla completamente debuxar, reproducir, inventar... Para el, convértese nun reto, é un prototipo de xenio”, conta o seu mestre sobre a proposta escollida.
Unha peza que se enmarca na participación libre e voluntaria de cada alumno do colexio no certame de Escola en Camiño.
A clase estivo traballando previamente nun bulebule de ideas para pensar as imaxes, para reflexionar sobre os centos de xeitos existentes á hora de reflectir o Camiño: “Como unha rede? Como final? Como cultura?Como relixión?Como…?”.
“Eran moitos os enfoques posibles, pero eran eles os que tiñan que elixir o camiño para representalo. Sempre lles xorde a tentación de preguntar: ‘como o farías ti?’ ou ‘que che parecería facelo así ou asá?’. ‘Non mo contes; fai, fai e a ver que sae”.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- Pilotos a ciegas y un tripulante asfixiado: urgen revisar el protocolo de seguridad por humo en algunos aviones tras el susto con un buitre en Madrid
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- María Corina Machado, de boda en Vigo
- Solo se fabrican un máximo 5 al año totalmente a mano y en Ourense: Así es el reloj gallego más exclusivo desde hace un siglo
- La chequera sigue cerrada