Un proxecto de Samuel Lema seleccionado para participar no Conecta Lab

O proxecto audiovisual “Viven al lado” do estradense Samuel Lema, xunto con Elena Martínez e Jorge Navarro participará do 19 ao 29 de abril na Illa de San Simón na residencia e laboratorio creativo Conecta Lab, impulsado pola Deputación xunto con CREA(Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización), AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) e DAMA (a única entidade española especializada na xestión de dereitos de autor de obras audiovisuais).