O comercio local estrea un concurso de banda deseñada

A idea busca atraer a nenos e fomentar o galego

A cartelería do Día do Pai que xa foi distribuída pola asociación segue a temática da campaña de facer heroes a familiares.  | // FDV

A cartelería do Día do Pai que xa foi distribuída pola asociación segue a temática da campaña de facer heroes a familiares. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A posta en marcha da campaña comercial do Día do Pai deu pé a unha nova promoción da Asociación de Empresarios de Redondela, que se estenderá ata o mes de maio co Día da Nai e da Familia, pasando pola campaña de Pascua.

Xirando todas elas en torno ao concepto de familia, o colectivo de comerciantes puxo en marcha un Concurso de Banda Deseñada, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. A bases establecen que os protagonistas da historia han de ser heroes ou heroínas inspirados en membros da familia: pais, nais, avós, avoas, madriñas, padriños, irmáns, curmáns... ou incluso mascotas.

Na web empresasredondela.gal e establecementos colaboradores poderanse recoller as plantillas nas que realizar os proxectos de banda deseñada e tamén serán punto de entrega dos traballos que se presenten a concurso. Os colexios tamén se poderán sumar á iniciativa distribuíndo o material entre o alumnado, como proxecto educativo. Este concurso pretende “fomentar o uso da lingua galega e da creatividade da poboación máis nova”.