Fran Fernández Davila asina as súas obras na feira do libro de Nigrán

O autor amosa 3 relatos de aventuras no Miñor e o poemario gañador do Victoriano Taibo

Fran Fernández Davila.

Fran Fernández Davila. / REDACCIÓN

R.V.

O escritor Fran Fernández Davila asinará exemplares da súa obra completa este domingo, día 23, no posto que a libraría Paraísos de Papel colocará na feira do libro de Nigrán ás 17.00 horas. Os lectores poderán achegarse ás súas tres novelas de aventuras ambientadas na comarca do Val Miñor e o único poemario miñorán que gañou o premio Victoriano Taibo do Instituto de Estudos Miñoráns.

Desde que comezou a escribir hai sete anos, o autro acadou máis de 30 premios coas súas obras. A máis recente, “O bosque do duque s’Hertogenbosch”, editada por Galaxia, irmanda o Val Miñor coa cidade neerlandesa de Den Bosch. “Alana” é outra novela de aventuras publicada por Toxosoutos que relata o periplo dunha adolescente castrexa desde o Monte de Santa Trega ata o Val Miñor. “A senda de sal”, editada por Galaxia, é unha historia de espionaxe ambientada en Panxón.