Síguenos en redes sociales:

Turismo

A Cañiza exhibe a súa gastronomía en Xantar

Xamón, cocido, viños, tetilla, mel ou chocolate nun stand dos máis visitados

A Cañiza exhibe a súa gastronomía en Xantar

O Concello da Cañiza presentou no Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar” de Ourense, os activos gastronómicos da Cañiza, abandeirados polo xamón, xunto cos cocidos, os viños da zona e a tetilla, a mel e o chocolate.

Como representantes da Cañiza estivo o alcalde, Luis Piña, acompañado de concelleiras do goberno local e do cortador profesional de xamón Víctor Burgos, director dos Concursos de Cortadores da Feira do Xamón da Cañiza.

Un ano máis o stand da Cañiza foi un dos máis visitados.

Pulsa para ver más contenido para ti