Síguenos en redes sociales:

Novas tecnoloxías

Vinte mulleres baionesas avanzan na súa dixitalización

Realizaron o curso “Galegas Dixitais” polo que recibiron un portátil de balde

Vinte mulleres baionesas avanzan na súa dixitalización

A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se fundamenta o programa “Galegas Dixitais”, que se ten celebrado en diversos concellos da bisbarra, entre eles no de Baiona. Ao multiusos Ángel Bedriñana achegouse para acudir ao acto de clausura da formación a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, que fixo entrega do ordenador portátil co que as participantes poderán por en práctica o aprendido.

O programa ofreceu un itinerario formativo deseñado para ir avanzando desde un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, incluíuse un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.

A edil desexoulles ás mulleres participantes “que esta formación sexa unha oportunidade para poder coller ferramentas que vos permitan adaptarnos a un mundo cada vez máis dixitalizado. Tamén que estes novos coñecementos vos permitan optar a unas ofertas de traballo de máis calidade”.

Desde a concellería xa se traballa para tentar poñer en marcha una nova edición desta formación a comezos do vindeiro ano do que se poderán beneficiar outra vintena de veciñas do municipio.

Pulsa para ver más contenido para ti