Novas tecnoloxías
Vinte mulleres baionesas avanzan na súa dixitalización
Realizaron o curso “Galegas Dixitais” polo que recibiron un portátil de balde
![Participantes co ordenador portátil que recibiron de agasallo no acto de clausura da acción formativa. | // D.P.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/0defb3d9-b1bc-4965-b6c0-a4503e202308_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Participantes co ordenador portátil que recibiron de agasallo no acto de clausura da acción formativa. | // D.P. / l. c.
l. c.
A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se fundamenta o programa “Galegas Dixitais”, que se ten celebrado en diversos concellos da bisbarra, entre eles no de Baiona. Ao multiusos Ángel Bedriñana achegouse para acudir ao acto de clausura da formación a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, que fixo entrega do ordenador portátil co que as participantes poderán por en práctica o aprendido.
O programa ofreceu un itinerario formativo deseñado para ir avanzando desde un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, incluíuse un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.
A edil desexoulles ás mulleres participantes “que esta formación sexa unha oportunidade para poder coller ferramentas que vos permitan adaptarnos a un mundo cada vez máis dixitalizado. Tamén que estes novos coñecementos vos permitan optar a unas ofertas de traballo de máis calidade”.
Desde a concellería xa se traballa para tentar poñer en marcha una nova edición desta formación a comezos do vindeiro ano do que se poderán beneficiar outra vintena de veciñas do municipio.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda