“Basal”, o obradoiro de escrita baseado na música e nas letras de Ugia Pedreira

Será impartido pola arousá de adopción Lidia Luna os martes entre o día 28 e o 25 de abril

Ugia pedreira durante un concerto en Vigo.

Ugia pedreira durante un concerto en Vigo. / RICARDO GROBAS

R. A.

Nada en Madrid, pero arousá de adopción, a psicóloga, escritora e narradora Lidia Luna impulsa un obradoiro de escrita persoal e creativa arredor dun proxecto musical: “Basal”, da artista galega Ugia Pedreira. A través das letras das cancións, Luna impartirá este obradoiro de escritura creativa todos os martes entre o vindeiro día 28 e o 25 de abril.

As letras de “Basal permitirá explorar o universo persoal máis primoxénito, orgánico e fundamental da artista e conectalo con cada unha das persoas inscritas. Así, o obxectivo é centrarse no esencial: un único xeito de ollar o mundo, transformar as miradas en expresión creativa a través da escrita e da cartografía poética con apoio de fotografías, estampas sonoras, debuxos e outros rexistros que irán saíndo a medida que avance o obradoiro.

A participación será online, a través da aplicación Zoom, de 18.00 a 20.00 horas, con envío da gravación en caso de que algunha das persoas non poida asistir. O obradoiro está dirixido a calquera persoa interesada no proceso creativo, con ou sen experiencia previa na escrita. Os participantes tamén poderán desfrutar de dous encontros con Pedreira, un en Santiago de Compostela, onde poderán conversar e desfrutar dun pequeno recita, e outro na “Casía del Eo” en Vilavedelle, a casa propia da artista en Castropol (Asturias), un encontro que será distendido e que incluirá un paseo, comida e unha conversa sobre os mananciais creativos que xurden nos espazos e nos territorios.

Lidia Luna é a creadora do proxecto “Narrativas y otras lunas” no que, desde o ano 2015, acompaña a práctica da escrita, a creatividade e o autocoidado. Comparte con Pedreira outro proxecto chamado “Contos e cantos da baleanorte”.

Pola súa parte, Ugia Pedreira é compositora, escritora e psicóloga. O interese pola fotografía desde nena, e pola melodía da fala sempre estiveron entre as súas fontes de inspiración.

Suscríbete para seguir leyendo